Skip to Content

Visita á Domus de Mitreo, xoia arqueolóxica do mundo romano

O venres 25 de novembro pola tarde, o alumnado de 3º ESO visitou un tesouro arqueolóxico en Lugo: a Domus de Mitreo, o segundo elemento arqueolóxico máis importante despois da muralla. Trátase dun xacemento único no noroeste peninsular que achega información sobre a forma de vida dos romanos que habitaron a cidade de Lugo ata os séculos II e III da era cristiá. Grazas aos seus vestixios coñecemos como se articulaba a vida socioeconómica, arquitectónica e urbana da cidade nalquela época.


page | by Dr. Radut