Skip to Content

Outubro 2017

Obradoiro sobre autocontrol emocional - Crónica de Irina e Andrés

Esta mañá, Javier Rocha, coach, impartiu un obradoiro destinado ao control das emocións e a mellora das relacións interpersoais destinado ao alumnado de 3º de ESO. 
 
Se queres seguir lendo a crónica de Irina e Andrés vaite o blogue de Perdourando.

24 de outubro: Día das bibliotecas Escolares

Celebramos a xornada das bibliotecas escolares coas portas abertas de par en par para que as lectoras e lectores se acheguen e rexouban entre os libros e as novidades. 
Ademais recibimos doazón dunha compañeira ben querida. Grazas María. 
 
 
 
 

Crónica sobre a charla Di K Non

O martes 3 de outubro visitáronnos os membros da Unidade Terapéutica Educativa do cárcere de Teixeiro.
 
A xefa do grupo comezou presentándonos o seu traballo e despois deu paso a unha curta, pero moi emocionante, representación teatral. ... seguir lendo a crónica de Paula e Carla no blogue de Perdourando.

Recomendacións BiblioPerdouro: Especial Samaín

Se queres pasar medo, terror e espanto, pásate pola biblioteca e lévate un dos libros ou filmes da nosa selección. Buuuuu!!!
 
 

Recomendacións BiblioPerdouro : Especial Samaín

Se queres pasar medo, terror e espanto, pásate pola biblioteca e lévate un dos libros ou filmes da nosa selección. Buuuu!!!

Chega a noite do paseo da Santa Compaña!

Prepárate a vivir a noite que representa a barreira entre o mundo dos vivos e dos mortos na biblioteca do Perdouro. Para celebrar Samaín imos preparar unha selección lúdica e fantasmagórica para acompañar estas datas previas a Todos os Santos e Defuntos.

Visita a Samos e o Cebreiro

O día 10 de outubro alumnos e alumnas de 3º ESO viaxaron ata Samos e O Cebreiro para coñecer máis de preto algúns aspectos do Camiño Francés, guiados polo profesor Antón Niñe.

Pola mañá visitaron a
Capela do Ciprés e o Mosteiro de Samos. No percorrido polo interior do cenobio puideron ver os dous claustros, o grande, onde puideron contemplar a figura do P. Feijóo, e o pequeno (gótico) coa fonte das Nereidas; unha fachada románica e varias dependencias, antes de entrar na sancristía e na Igrexa. No interior do templo puideron admirar a beleza da igrexa, con importantes tallas de autores coñecidos, como Francisco de Moure.

Día da Ciencia en Galicia 2017 - Baltasar Merino Román

Baltasar Merino 1922.jpgO home ao que se dedica o Día da Ciencia en Galicia deste ano realizou unha inxente labor científica tanto na Botánica como na Meteoroloxía. Este home foi Baltasar Merino Román.
No portal da Ciencia en Galicia, din del que foi o xesuíta que namorou de Galicia a través das plantas.
 
Díptico Día da Ciencia en Galicia 2017


Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:
 

Hora de ler - Comezamos

Esta mañá, uns embaixadores ben particulares da biblioteca foron polas aulas de 1º de ESO para informar aos rapaces sobre a Hora de Ler, un programa de fomento á lectura pracenteira que busca mellorar o comportamento lector respondendo aos intereses de lectura propios dos lectores respondendo a unha lectura seleccionada por gusto e non por obrigación. Asi pois explicaron cales eran as normas e o calendario a seguir. Aproveitaron para repartir os carnés da biblioteca a estes novos socios. 
Grazas alumnos de 1º de Bach. por prestarvos ao xogo!
Aquí podes acceder ás fotografías deste campaña de promoción da Hora de Ler.

Semana Europea da Mobilidade: Charla sobre a emisión de CO2

María José Cao, monitora de GAIA, veu o xoves 21 de setembro á biblioteca do IES Perdouro, e falou da contaminación, fundamentalmente da que producen os vehículos, porque o uso de combustibles emite gases como o CO2. Afirmou que é moito mellor para o medio ambiente usar o transporte público ou ir andando ou en bicicleta. En todo caso, de usar un coche contaminaría menos un híbrido, por exemplo. Explicou as vantaxes e desvantaxes de trasladarse a pé ou en coche.  Animou a usar máis a bicicleta porque se aparca máis preto e é máis san e cando preguntou como se viña ao instituto, a resposta foi que a maioría do alumnado se desprazaba en coche.

No caso concreto de Burela, ...seguir lendo a crónica de Isaura, Cinta e Ádila no blogue de Perdourando.


by Dr. Radut