Articles

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

Os rapaces/as de 1º ESO recordamos tamén na materia de Educación Plástica a importancia de manter uns hábitos de vida saudables e que hábitos nocivos coma o sedentarismo ou o consumo de tabaco e bebidas alcohólicas teñen efectos moi negativos no noso benestar físico, psíquico e tamén social.

 

Velaquí un exemplo de traballos voluntarios feitos por varios de nós:

                     

 

XORNADAS DEPORTIVAS - FIN 1º TRIMESTRE

No instituto celebramos a chegada das festas de Nadal o pasado martes 21 cunha xornada deportiva. Ó longo de todo o día os alumnos/as de todos os cursos e tamén o profesorado foron pasando polo pavillón e patios exteriores para desfrutar da práctica de diferentes xogos populares e tamén deportes que estiveron traballando ao longo deste 1º trimestre nas clases de Educación Física.

 

      

 

    

 

Esperamos que desfrutedes destas festas con responsabilidade, e por suposto non vos esquezades da importancia de manter unha vida activa tamén durante as vacacións.

 

¡¡ Bo nadal !!

 

Actividades complementarias e extraescolares - curso 2021/2022

Para o curso 2021 - 2022  iranse retomando as actividades complementarias e extraescolares segundo a situación da pandemia Covid-19 así o permita. Ditas actividades serán incluídas na Programación Xeral Anual, e estarán condicionadas á evolución da situación sanitaria así como as posibles restricións que poida haber a nivel de localidade e a nivel das propias actividades.

 

      SAÍDAS:

 

 1ºESO:

 

Iniciación á escalada en rocódromo.

11,00 - 14:15 Rocódromo cuberto de Riazor.

Datas  previstas para levala a cabo: 

   2º trimestre  

  

EquipamentoRoupa e calzado deportivo que nos permita flexibilidade.

Custo da actividade 4 euros.

  

 

 

 

( enlace fotos  )

 

 

 

 2º e 3º ES0:

 

Iniciación ao surf .

8,45 - 14,15 Prevista a súa realización no mes de maio, nunha das praias próximas á Coruña. 

Obrigatorio saber nadar para participar na actividade.

EquipamentoMochila con bañador, chanclas, toalla e crema solar.

Custo da actividade 12 euros.

 

  

 

( enlace fotos ) 

 

 

 

 4ºESO:

 

Xornada final actividades físicas no entorno natural (O Pedrido): Orientación + kayak.

8,45h - 18:00h.

 Data na que se realizará: martes 21 de xuño  

Obrigatorio saber nadar para participar na actividade.

EquipamentoVestimenta adecuada para andar e mochila con bañador, camiseta e calzado para ir á auga, toalla e crema solar.

Coste aproximado da actividade 20 euros.

  

 

ACTIVIDADES NO CENTRO:

 

– Actividades que poidan xurdir ao longo do curso interesantes para a área de E.F.

- Xornada de xogos populares e multideporte 21 de decembro.

- Coñece o meu club:  Club Polvo Ultimate fresbee, Fútbol Gaélico Fillos de Breogán, Club Orientación APA Liceo, Tiro con arco, Esgrima 100tolos, Escalada AMI, centro deportivo McFIT... e outros clubes do entorno que poidan aportar unha aproximación ou toma de contacto a actividades deportivas non realizadas habitualmente. 

 

VISITA AO XIMNASIO MCFIT A CORUÑA

O ximnasio que temos ao carón do instituto deunos a oportunidade de visitarlles e coñecer de primeira man as súas instalacións e oferta de actividades. Os alumnos/as de 4º ESO coñecemos unha nova posibilidade de práctica de actividade física para o tempo de lecer. Recordáronnos a importancia de manter un estilo de vida activo e ademáis Miriam Rumbo deunos unhas clases dirixidas moi animadas e completas.

¡¡Moitas grazas por todo!!

 

          

          

PUNTILLISMO “SAUDABLE”

A profesora Cillas estanos a recordar en 1º ESO a importancia do consumo de froitas e verduras como base da nosa alimentación mediante o puntillismo, técnica de pintura artística innovadora e sorprendente que nos permite crear unha obra completa punto a punto, velaquí algúns exemplos do traballo que fixemos.

 

           

 

          

 

Aproveitamos para recordar a estreita relación entre alimentación, actividade física e saúde. As vitaminas e minerais presentes nos alimentos vexetais axúdannos a fortalecer tódalas células, órganos e sistemas do corpo.

¡¡ ARRINCANDO MOTORES !!

Este curso a pandemia estanos a dar algo máis de “respiro”, así que dende o instituto queremos aproveitar para aumentar a cantidade de actividade física que fan os nosos/as escolares tanto dentro como fóra do centro, porque xa sabemos dos moitos beneficios que ten para a súa saúde física e tamén psíquica. Todo isto sen esquecernos da necesidade dunha correcta alimentación, descanso e hixiene persoal.

Neste apartado iremos informando tanto alumnos/as como profesores/as sobre contidos relacionados cos hábitos de vida activa e saudable que estamos a levar a cabo os distintos departamentos colaboradores neste proxecto.

 

 

Para comezar o curso, reimplantamos os "Recreos Activos" en todos os cursos, onde animamos a participar aos rapaces/as no tempo de recreo en actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible, simplemente cumplindo unhas normas de bo uso e comportamento.

 

Profesores do departamento - Curso 2023/2024

 

Cristina María de Prada Creo 

- Xefa do departamento.  

- Imparte Educación Física en 1ºESO e proxecto competencial en 3ºESO e 4ºESO. 

  

Pedro Luis Vázquez García  

- Imparte Educación Física en 2ºESO.   

  

 Juan Manuel Vázquez Vilaboa  

- Imparte Educación Física en 3ºESO e 4ºESO.

 

José Carlos Suárez Vázquez  

- Imparte Educación Física sección bilingüe 1ºB e 1ºC

Actividades complementarias e extraescolares - curso 2020/2021

 

Para o curso 2020 - 2021 non se propoñen actividades complementarias e extraescolares pois a situación de pandemia Covid-

19 así o aconsella. Se ao longo do curso a situación sanitaria mellorase abriríase a posibilidade se recuperar algunhas das

mesmas e quedarían recollidas tanto na programación coma na memoria final do curso e nas actas do departamento.

 

 

 

Presentación - curso 2023/2024

A oferta educativa que se fai desde o departamento de Educación Física para o curso 2023 - 2024 abrangue ós catro cursos da ESO. O número de horas semanais e o carácter da materia por nivel son as seguintes:

 

1º e 2º ESO: EF, 3 horas semanais de carácter obrigatorio. //

1º ESO: EF, sección bilingüe inglés. 3 horas semanais para aqueles alumnos que así o elixiron na matrícula. Para este curso 2023-24, configuránse 2 grupos bilingües. incorporando un total de 28 alumnos/as. 

 

 3º e 4º ESO: EF, 2 horas semanais de carácter obrigatorio. 

3º e 4º ESO : Proxecto competencial, 1 horas semanal de carácter optativo.

Pavillón cuberto

 Educación Física (EF): A finalidade última da materia é educar as capacidades motrices dos alumnos. Isto supón desenvolver destrezas e xeitos instrumentais que melloren e aumenten as súas capacidades de movemento a través de habilidades xerais e específicas mediante actividades da mellora da condición física, xogos e actividades deportivas, actividades expresivas e no medio natural.

 

 educación física

 

 Educación Física sección bilingüe inglés (EF inglés): Afondamento e mellora da competencia do alumnado en lingua inglesa a través do seu uso cotián no desenvolvemento das clases de Educación Física incidindo na comunicación entre alumno/a-profesor, e alumno/a-alumno/a, así como a adquisición de vocabulario específico relacionado coa área como pode ser no relacionado coa saúde, o noso corpo e o seu movemento, o estado físico e as capacidades físicas e coordinativas, equipamento e indumentaria deportiva, regulamento e normas de xogos e deportes, habilidades técnicas e estratexias.

 

 

  

 

 Proxecto competencial: Esta materia optativa en  3º e 4º enfócase desde o departamento de EF cara a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. Encauzaremos estes obxectivos a través do xogo motor en 3º de ESO e o xogo tradicional en 4º de ESO.

 

 

Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción do alumnado - curso 2021/2022

  

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

- Educación Física -

 Cualificación nas avaliacións trimestrais. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a dende o principio de curso ata o momento da avaliación. Valoraranse todas de 0 a 10 puntos. 

Cualificación de carácter conceptual (1 ou 2 probas “teóricas” )

Cualificación de carácter procedemental (3 a 6 probas “prácticas”)

 

A nota media resultante das probas anteriores será minorada en 0,25 puntos ( ata un máximo de 3 puntos) por cada anotación de carácteractitudinal que o profesor leva a diario.

  

Desta forma os alumnos/as deben asumir como seus tódolos deberes que a lei e a normativa do centro lles obriga e moi especialmente: 

- Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento da programación.

- Seguir as orientacións do profesor respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

- Respectar o exercicio do dereito ó aprendizaxe dos seus compañeiros.

- Actuar sen ningún tipo de discriminación.

- Coidar e utilizar axeitadamente os bens mobles e as instalacións do centro e respectar as pertenzas doutros membros da comunidade educativa.

  

Na clase de Educación Física deberán ser capaces de: 

- Acceder ao pavillón de xeito puntual e non demorarse máis do necesario nos vestiarios ao inicio e ao final da clase.

- Traer o equipamento mínimo necesario para a realización das clases. Amosar hábitos e de hixiene básicos coma o aseo e cambio de camiseta ao finalizar a actividade.

- Realiza-las tarefas asignadas, desde o quecemento ata o volta a calma ao finalizar a clase, tanto en grupo coma individualmente, segundo as indicacións e esforzarse en face-lo mellor posible.

- Colaborar na montaxe e recollida de todo tipo de material e equipamento que se poida empregar nas clases.

- Mostrar respecto, consideración e coidado cara ós compañeiros, o profesor, o material e as instalacións.

- Controlar as súas condutas e emocións sen provocar conflitos, sen chamar a atención dos demais, e sen interferir no desenvolvemento da clase.

- Non interromper ó profesor, ós compañeiros cando falan, e cando realizan tarefas, sen obrigalos a modificar as súas condutas.

  

Desta forma, insístese en que os alumnos/as teñen a obriga de seguir estas normas, xa que iranse anotando tódolos incumprimentos significativos en relación as normas e condutas anteriores.

Xustificarase a non realización algunha tarefa física ou das actividades prácticas da clase mediante xustificante médico que así o indique. Neste caso non se anotará unha valoración negativa no apartado actitudinal e poderase atrasar a realización dunha proba práctica.

Excepcionalmente e de xeito moi ocasional poderá aceptarse a xustificación dos pais por algunha indisposición física puntual.

 

Cualificación na avaliación do curso. (0 a 10 puntos)

   

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a durante o curso. 

Avaliación positiva na área de Educación Física a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) na avaliación do curso. No caso contrario ao alumno/a seralle entregado un informe individualizado que servirá de base para as actividades de recuperación a realizar desde a primeira semana de xuño ata o día 22 inclusive.

Ao finalizar xuño, o alumnado será cualificado novamente en base as tarefas e actividades realizadas segundo o seu plan individualizado ou aquelas tarefas e actividades de ampliación, conformando unha nova cualificación media que será reflectida na avaliación final

No caso dos alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua serán avaliados a través dunha proba teórica máis tres de carácter práctico, sendo a media resultante das catro a nota da avaliación. 

 

Criterios de promoción:

 

Garantirase a avaliación positiva na área de Educación Física a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) resultante do punto anterior. 

Aquel alumno/a que promocione de curso coa área de Educación Física suspensa (pendente) deberá superala posteriormente. 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

- Promoción de Estilos de Vida Saudables -

 Cualificación nas avaliacións trimestrais. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a dende o principio de curso ata o momento da avaliación. Valoraranse todas de 0 a 10 puntos.

 

A nota media resultante das probas anteriores será minorada en 0,25 puntos ( ata un máximo de 3 puntos) por cada anotación de carácteractitudinal que o profesor leva a diario.

 

Desta forma os alumnos/as deben asumir como seus tódolos deberes que a lei e a normativa do centro lles obriga e moi especialmente:  

- Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento da programación.

- Seguir as orientacións do profesor respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

- Respectar o exercicio do dereito ó aprendizaxe dos seus compañeiros.

- Actuar sen ningún tipo de discriminación.

- Coidar e utilizar axeitadamente os bens mobles, equipamento informático e as instalacións do centro e respectar as pertenzas doutros membros da comunidade educativa.

 

Desta forma, insístese en que os alumnos/as teñen a obriga de seguir estas normas, xa que iranse anotando tódolos incumprimentos significativos en relación as normas e condutas anteriores.

 

Cualificación na avaliación do curso. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a durante o curso.  

Avaliación positiva na área de Promoción de Estilos de Vida Saudables a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) na avaliación do curso. No caso contrario ao alumno/a seralle entregado un informe individualizado que servirá de base para as actividades de recuperación a realizar desde a primeira semana de xuño ata o día 22 inclusive.

Ao finalizar xuño, o alumnado será cualificado novamente en base as tarefas e actividades realizadas segundo o seu plan individualizado ou aquelas tarefas e actividades de ampliación, conformando unha nova cualificación media que será reflectida na avaliación final

No caso dos alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua serán avaliados a través dunha proba teórica máis tres de carácter práctico, sendo a media resultante das catro a nota da avaliación. 

 

Criterios de promoción:

 

Garantirase a avaliación positiva na área de Promoción de Estilos de Vida Saudables a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) resultante do punto anterior.  

Aquel alumno/a que promocione de curso coa área de Promoción de Estilos de Vida Saudables suspensa (pendente) deberá superala posteriormente.