Articles

XOGAMOS TODOS!!

En colaboración co alumnado de 4º ESO, fixemos un circuito de Xogos tradicionais antes do Festival Antroido. Foi una tolería!!!!

 

INICIACION ESGRIMA

O clube 100tolos de esgrima  veu ao insti e os de 1º ESO pasárono moi ben!!

 

 

 

XORNADA DEPORTIVA - CLAUSURA DE FIN DE CURSO

Ultimo día de clase, no que o Departamento de Educación Física, en colaboración con máis profesorado, organizamos actividades deportivas con todos os grupos ó longo da mañá. Grazas a que a choiva nos respetou puidemos aproveitar todos os espazos dispoñibles. As actividades foron:

  • Deportes alternativos: matrexball e datchball.
  • Xogo do brilé.
  • Fútbol
  • Baloncesto.
  • Xadrez.

O profesorado esperamos que desfutásedes da xornada festiva e tamén que vos quedase clara a finalidade deste proxecto: valorar a gran importancia de manter unha vida activa e deportiva e manter lonxe os hábitos nocivos.

¡Pasade moi bo verán!

     

     

     

 

ORIENTACIÓN DEPORTIVA E KAYAK – 4º ESO

Os grupos de 4ºESO puxemos punto e final ás actividades extraescolares de Educación Física deste curso. Onte estivemos toda a xornada na contorna de Betanzos. Fixemos unha carreira de orientación deportiva, tiro con arco e kayak dende Caneiros ata a Praia do Pedrido, pasando polo pobo de Betanzos. Pasámolo moi ben e tivemos moita sorte co tempo. Agora, con algo de pena e máis bos recordos que malos, despedímonos do instituto. Algúns imos facer Bacharelato a outro centro e outros iremos a Ciclos Formativos, pero se cadra intentaremos facervos algunha visita.

¡Grazas por todo!

     

     

     

RECREOS ACTIVOS – FIN DAS COMPETICIÓNS

 

Como xa sabedes, dende que comezou o curso estase animando ao alumnado do centro a aproveitar o seu tempo de recreo facendo actividades deportivas. O formato competición leva funcionando medio curso e este último mes de clases celebráronse as finais con público engadido, ¡moi emocionante!

 

Como colofón, o equipo gañador do torneo de floorball xogou un partido contra un equipo formado polo profesorado. Non é de extranar que gañara o equipo de rapaces/as, ¡duro rival!, pero o profesorado soubo estar á altura. A continuación amosamos imaxes das distintas competicións e do mencionado partido, máis a entrega de premios.

     

     

     

 

 

AS POSIBILIDADES DAS APP MÓBILES EN ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

Nestes últimos días de clase entre a 3ª avaliación e o final de curso, o grupo de 4ºA fixemos unha saída para aprender a usar Wikiloc. Estivemos no parque de Eirís, San Diego e rematamos na Praia de Oza. Pasamos bastante calor pero agradecimos moitísimo un cambio de aires saíndo do instituto! Agora, como xa lle prometemos á profesora Vanesa, aplicaremos o aprendido durante o verán, animándonos a facer saídas de sendeirismo e bici.

     

     

SURF - 3ºESO

Esta vez tocounos a 3ºESO ir o pasado venres a Bastiagueiro a facer surf, xa que non o puidemos facer o curso anterior por mor da covid. Acompañáronnos os profesores David (Xeografía e Historia) e Jose Carlos e Vanesa (Educación Física). Son do Mar Surf School (https://sondomar.org/) foron tamén quen nos ensinaron: o material necesario, cómo observar o mar, as correntes, as olas, cómo remar, cómo pasar olas por debaixo e por suposto cómo surfealas.

A maiores fixemos unha ruta de sendeirismo polos arredores e pasamos tempo de lecer na praia. Foi unha mañá de 10!

     

     

     

1ºs AUXILIOS – TALLER RCP

Onte viñero ao instituto 5 médicos residentes do CHUAC a ensinarnos primeiros auxilios a tódolos grupos de 1ºESO. Aprendemos cousas tan importantes como:

 

  • A conducta PAS (protexer - avisar - socorrer) se nos atopamos cun accidente.

  • A posición lateral de seguridade.

  • A maniobra de Heimlich, se hai un atragoamento grave.

  • A reanimación cardiopulmonar (RCP).

 

Cremos que realmente toda a poboación debería ter estes coñecementos básicos, poderíamos salvar vidas! Así que moitísimas grazas a Ana Dapena, Manuel Fernández, Adrián Rosende, Noemí Vázquez e Jacobo Vieites por vir a ensinárnolo!!

         

         

 

 

SURF - 2ºESO

 

O venres pasado, antes da ponte das Letras Galegas, todos os grupos de 2ºESO fomos a Bastiagueiro a facer surf, acompañados dos profesores Pedro (matemáticas) e Jose Carlos, Vanesa e Alba (Educación Física). Son do Mar Surf School (https://sondomar.org/) foron quen nos ensinaron cómo iniciarnos neste deporte que moitos/as non pensamos que nos fose gustar tanto! Ademáis, tivemos moi bo día de sol e tamén puidemos facer unha pequena ruta de sendeirismo por toda a costa ata Santa Cruz e tamén xogar a fútbol e voleibol na praia. Queremos repetir!