Articles

1ºs AUXILIOS – TALLER RCP

Onte viñero ao instituto 5 médicos residentes do CHUAC a ensinarnos primeiros auxilios a tódolos grupos de 1ºESO. Aprendemos cousas tan importantes como:

 

  • A conducta PAS (protexer - avisar - socorrer) se nos atopamos cun accidente.

  • A posición lateral de seguridade.

  • A maniobra de Heimlich, se hai un atragoamento grave.

  • A reanimación cardiopulmonar (RCP).

 

Cremos que realmente toda a poboación debería ter estes coñecementos básicos, poderíamos salvar vidas! Así que moitísimas grazas a Ana Dapena, Manuel Fernández, Adrián Rosende, Noemí Vázquez e Jacobo Vieites por vir a ensinárnolo!!

         

         

 

 

SURF - 2ºESO

 

O venres pasado, antes da ponte das Letras Galegas, todos os grupos de 2ºESO fomos a Bastiagueiro a facer surf, acompañados dos profesores Pedro (matemáticas) e Jose Carlos, Vanesa e Alba (Educación Física). Son do Mar Surf School (https://sondomar.org/) foron quen nos ensinaron cómo iniciarnos neste deporte que moitos/as non pensamos que nos fose gustar tanto! Ademáis, tivemos moi bo día de sol e tamén puidemos facer unha pequena ruta de sendeirismo por toda a costa ata Santa Cruz e tamén xogar a fútbol e voleibol na praia. Queremos repetir!

     

     

     

 

 

Concurso "Mejor periodista infantil y juvenil"

Varios alumnos/as de 2ºESO participamos no concurso “Mejor periodista intantil y juvenil” edición 2022 facendo entrevistas a varias deportistas galegas destacadas. Non gañamos premio pero quedamos moi satisfeitos do resultado! Ensinámosvos algunhas delas, que fixemos ás seguintes campioas: 

  • - Iris Abella – judo.
  • - Rocío Candal – fútbol.
  • - Laura Cetina – fútbol.
  • - Noa Garda – doma clásica.
  • - Ainhoa Iglesias – fútbol.
  • - Irene Lata – piraguismo.
  • - Paula Medín – rugbi.
  • - Marta Otero – voleibol.
  • - Alba Vieiro -  voleibol.

 Información sobre on concurso: https://www.prensaescuela.es/la-voz-y-viaqua-convocan-el-concurso-mejor-periodista-infantil-y-juvenil/  

OS BOS HÁBITOS DENDE A INTERDISCIPLINARIEDADE

A compañeira de Pedagoxía Terapéutica, Patricia Cinza, está a traballar co alumnado sobre os hábitos saudables, cos que ao mesmo tempo aproveita para repasar contidos das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas, mediante tarefas como os Genially, aquí está o enlace a un deles e algunhas imaxes a modo de exemplo:

 https://view.genial.ly/623ef5c026682e0018f73c1f/interactive-content-habitos-saudables

 

       

     

 

¡Sempre é un bo momento para recordar a gran importancia da actividade diaria e o coidado persoal para a saúde!

 

MERENDAS SAUDABLES

Dende principios de curso, levamos insistindo na importancia dunha alimentación axeitada como parte dun estilo de vida saudable. Por este motivo xurdiu a iniciativa por parte da profesora Vanesa (Educación Física) de que o alumnado traia como tentempé para media mañá algo de froita (comezando por un día á semana, os xoves). Un dos obxectivos é que o alumnado consuma menos productos ultraprocesados, por desgraza habituais nos patios das escolas, pois parte da industria alimentaria esfórzase en insistirnos en que son unha boa opción para as merendas do día.

Algúns alumnos/as fixeron carteis para colocar polo centro e animar ao resto de compañeiros/as a participar.

 

                

PRACTICAMOS ESGRIMA - “¡En garda!”

Xusto antes das vacacións de Semana Santa os grupos de 2ºESO, 3ºESO e Afondamento de Ed.Física de 1º ESO recibiron unhas clases prácticas maxistrais sobre o apaixoante deporte da esgrima, da man do recoñecido e veterán clube 100tolos: http://100tolos.com/

Contáronnos a orixe deste deporte, aprendéronnos as súas bases técnicas e tácticas e practicamos cos materiais específicos que se empregan, ¡moitísimas grazas por todo!

O alumnado interesado en continuar a súa formación neste deporte, pode facelo da súa man nas instalación da Casa da Auga de Riazor, no amplo horario que ofertan e informan na súa páxina web. Para contactar con eles 100tolos@gmail.com

Amosamos algunhas imaxes  da súa visita no noso centro:

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA - O TEMPO DE LECER

Hoxe, día mundial da actividade física, non nos podemos esquecer da gran importancia de manter unha vida activa, e o tempo de lecer, que é o que non empregamos para as nosas obrigas e necesidades (traballar, estudar, comer, durmir...etc.), é o momento no que podemos elixir qué facer. Practicar algunha actividade física é unha das moitas e mellores opcións que temos á nosa disposición. Aquí van algunhas ideas e exemplos de ocio activo:

 

Actividades na natureza: sendeirismo, ciclismo, deportes acuáticos, orientación deportiva, escalada…etc.

Actividades de ritmo e baile.

Xogos e deportes tradicionais e populares: a petanca, a Mariola, a chave, os birlos, o brilé, o escondite…etc.

Deportes de equipo, deportes individuais, deportes de adversario.

Deportes de deslizamento e da rúa: patinaxe, skate, parkour…etc.

Actividades de ximnasio e fitness.

Xogos e deportes alternativos e novedosos.

Xogos colectivos: de persecución, de carreiras, de pelota, de cooperación, de competición, con material reciclado…etc.

 

O noso momento de lecer é o tempo do recreo a media mañá, no cal desenvolvemos os “recreos activos”. Neste momento os grupos de 2ºESO están a participar dentro do pavillón nunha liga de floorball por equipos:

      

AZUCRE – O VELENO SILENCIOSO

“A diabetes tipo II ten un pico de incidencia entre os 12 e 16 anos e prodúcese fundamentalmente por factores como a obesidade e a resistencia á insulina, hormona que regula os niveis de azucre en sangue”. “Isto supón a aparición de complicacións agudas e crónicas máis frecuentes e precoces que noutras idades como son a retinopatía (causa de cegueira), enfermidade hepática, insuficiencia renal (que precisa diálise), neuropatía…etc. Estas complicacións, asociadas ás patoloxías que adoitan presentar estes pacientes supón unha perda de esperanza de vida de 15 anos". (Sierra Gutiérrez, pediatra diabetóloga).

O elevado consumo de azucre é un risco potencial para a saúde e gran cantidade de produtos da industria alimentaria teñen unha importante cantidade “oculta” do mesmo. Todo isto é o que estamos a aprender en 3º ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía e 4º ESO en Cultura Científica.

A continuación vemos unha mostra das exposicións que fixemos no corredor central do instituto o grupo de 4º A, para concienciar ao resto da comunidade educativa:

          

            

      

XORNADAS DE INICIACIÓN Á ESCALADA

Estes días os 5 grupos de 1ºESO fomos de visita ás instalacións da cidade deportiva de Riazor para practicar escalada en rocódromo gracias a AMI (Agrupación de Montañeros Independientes), que teñen moita experiencia e unha escola de escalada e montaña:  https://amimontanismo.es/

Aprendéronnos as bases técnicas para escalar un rocódromo, materiais que se empregan, os diferentes tipos de escalada que existen e a gran importancia de coidar o medio natural para continuar desfrutando del e das posibilidades que nos ofrece para a práctica de moitas actividades deportivas. ¡Infinitas grazas por todo!