Articles

Charla alcohólicos anónimos alumnado 2º ESO.

No mes de febreiro voluntarios/as de Alcohólicos Anónimos viñeron ao IES a falar co alumnado de 2º ESO a contar a súa experiencia sobre os malos hábitos do alcohol e as graves consecuencias do seu consumo. A actividade está organizado polo departamento de Orientación.

O alumnado de 2º ESO visita o Parque Eólico de Sotavento e fai unha andaina en Guitiriz.

Os días 2 e 7 de febreiro o alumnado de 2º ESO foi ao Parque Eólico de Sotavento e rematou cunha andaina en Guitiriz (Ruta da auga e das pedras). A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e Física e Química.

Taller de Fútbol Gaélico para os cursos de 1º,2º e 3º ESO en xaneiro 2024.

Dende o 23 ao 29 de xaneiro, adestradores de Fútbol Gaélico da equipa de Fillos de Breogán da Coruña, ensinaron ao alumnado de 1º,2º e 3º ESO os conceptos básicos e regulamento deste deporte tan descoñecido aquí e tan popular en Irlanda. O alumnado do IES participou e adestrou, xogando o derradeiro día un pequeno partido.

Andaina do alumnado de 4º ESO ás Fragas do Eume a semana do 22-25 de xaneiro 2024

O alumnado de 4º ESO visitou as Fragas do Eume, facendo unha andaina de 6 kilómetros ata o Mosteiro de Caveiro.  Previa a parte práctica, o alumnado tivo unha charla informativa sobre a flora e fauna das Fragas impartidas polo persoal do CEIDA de Santa Cruz (Oleiros).

Taller de Fútbol Gaélico para os cursos de 1º, 2º e 3º ESO en xaneiro 2024.

Dende o 23 ao 29 de xaneiro, varios adestradores de Fútbol Gaélico da equipa de Fillos de Breogán da Coruña, ensinaron ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO os conceptos básicos e regulamento deste deporte tan descoñecido aquí  e tan popular en Irlanda. O alumnado do IES participou e adestrou, xogando o derradeiro día un pequeno partido. 

Andaina do alumnado de 4º ESO as Fragas do Eume a semana do 22-25 de xaneiro 2024.

O alumnado de 4º ESO visitou as Fragas do Eume e o Mosteiro de Caveiro na semana do 22 ao 25 de xaneiro. O luns 22 persoal do CEIDA de Santa Cruz explicou a flora e fauna das Fragas ao alumnado e historias interesantes e máxicas sobre o Mosteiro. Esta actividade está dentro do Plan de actividades Físicas e Hábitos Saudables e organizada polo departamento de Educación Física.

Visita do alumnado de 2º ESO á Horta Ecolóxica Labrecos do 15 ao 22 de xaneiro 2024.

 

O alumnado de 2º ESO visitou a Horta e Granxa Ecolóxica Labrecos en Cesuras, Oza. Esta actividade está dentro do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables, e organizada polo CEIDA de Santa Cruz. Previa á visita, o alumnado de 2º, tivo unha charla informativa sobre Soberanía Alimentaria.

Semana Branca d0 6-13 xaneiro 2024.

50 alumnos e alumnas de 3º ESO foron do 6 ao 13 de xaneiro á estación de esquí Soldeu El Tarter en Andorra. Alí aprenderon a esquiar e a desfrutar da neve.

Semana Branca do 6-13 xaneiro 2024.

50 alumnos e alumnas de 3º ESO foron do 6 ao 13 de xaneiro a Andorra, á estación de esquí de Grandvalira. Alí disfrutaron do ski e do balneario de Caldea. A actividade foi organizada polo departamento de Educación física.

VIsita do alumnado de 3º ESO á Horta ecolóxica LABRECOS a semana do 12-15 decembro

O alumnado de 3º ESO visitou a horta-granxa ecolóxica LABRECOS en Cesuras. Alí  Iván e Aitor explicáronlles como é posible respectar o medio ambente  sen empleo de produtos químicos, revitalizar o rural e protexer a biodiversidade. Todo isto, previo a charla do día 11 de decembro ofrecida polo CEIDA de Santa Cruz (organizadores da actividade), sobre soberanía alimentaria.