![]() IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Actividades complementarias e extraescolares - curso 2021/2022Para o curso 2021 - 2022 iranse retomando as actividades complementarias e extraescolares segundo a situación da pandemia Covid-19 así o permita. Ditas actividades serán incluídas na Programación Xeral Anual, e estarán condicionadas á evolución da situación sanitaria así como as posibles restricións que poida haber a nivel de localidade e a nivel das propias actividades.
SAÍDAS:
1ºESO:
Iniciación á escalada en rocódromo. 11,00 - 14:15 Rocódromo cuberto de Riazor. Datas previstas para levala a cabo: 2º trimestre
Equipamento: Roupa e calzado deportivo que nos permita flexibilidade. Custo da actividade 4 euros.
2º e 3º ES0:
Iniciación ao surf . 8,45 - 14,15 Prevista a súa realización no mes de maio, nunha das praias próximas á Coruña. Obrigatorio saber nadar para participar na actividade. Equipamento: Mochila con bañador, chanclas, toalla e crema solar. Custo da actividade 12 euros.
4ºESO:
Xornada final actividades físicas no entorno natural (O Pedrido): Orientación + kayak. 8,45h - 18:00h. Data na que se realizará: martes 21 de xuño Obrigatorio saber nadar para participar na actividade. Equipamento: Vestimenta adecuada para andar e mochila con bañador, camiseta e calzado para ir á auga, toalla e crema solar. Coste aproximado da actividade 20 euros.
ACTIVIDADES NO CENTRO:
– Actividades que poidan xurdir ao longo do curso interesantes para a área de E.F. - Xornada de xogos populares e multideporte 21 de decembro. - Coñece o meu club: Club Polvo Ultimate fresbee, Fútbol Gaélico Fillos de Breogán, Club Orientación APA Liceo, Tiro con arco, Esgrima 100tolos, Escalada AMI, centro deportivo McFIT... e outros clubes do entorno que poidan aportar unha aproximación ou toma de contacto a actividades deportivas non realizadas habitualmente.
|