Skip to Content

Taboleiro

OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS DE 2º ESO FASE GALEGA

O alumno Íker Sánchez Fernández de 2º ESO A participou o xoves 25 de maio na fase final da Olimpíada Matemática Galega que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo, despois de terse clasificado na Fase de Zona de Ourense.

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas matemáticos. Ademais, desfrutou dunha Gincana Matemática por equipos na Praza Maior de Lugo antes da cerimonia de clausura no Pazo de San Marcos. De seguro que foi unha xornada para recordar! 

ENQUISA USURIOS DE BIBLIOTECA

A biblioteca do centro pide a vosa colaboración para realizar unha avaliación dos nosos servizos e así podervos ofrecer unha mellor atención o vindeiro curso 2023/2024. 

Enlace á enquisa

Grazas pola vosa colaboración!!

 

ALUMNADO QUE FINALIZA 2º DE BACHARELATO (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria)

Todo o alumnado de 2º de Bacharelato está convocado a unha reunión informativa para a tramitación do título de Bacharelato e da matrícula na ABAU, que terá lugar o próximo martes 16 de maio de 2023, ás 12:00 horas (Aula 2º Bacharelato. A).

Información

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2022-2023

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de abril de 2023 ata o 25 de maio de 2023.

A convocatoria está publicada no DOG do 3 de abril de 2023 (ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A).

Na sede electrónica da Xunta de Galicia, na páxina https://sede.xunta.gal, introducindo na Caixa de busca o procedemento ED311A, poderá acceder a máis información e a súa tramitación.

OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS DE 2º ESO

Os alumnos: Lucas Fernández García, Aitor Lorenzo Miguélez, Íker Sánchez Fernández e Antón Álvarez Pivida de 2º ESO A participaron o xoves 27 de abril na fase de zona da Olimpíada Matemática Galega. 

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas matemáticos. Á espera de coñecer os clasificados nesta fase, todos foron agasallados cun diploma pola súa participación.Bravo por eles!

 

CONCURSO DE ETIQUETA E LOGO PARA A ASOCIACIÓN OLIVARNOIA

O alumando de Artes Plásticas elaborou etiquetas e logos  para representar á asociación OlivArnoia e as alumnas premiadas foron Anxela Míguez Fernández de 4º ESO na etiqueta e Lucía Seoane González de 2º Bacharelato no logo. Parabéns ás dúas e grazas aos membros do xurado!

  

CURSO AFD 2023

O día 21 de marzo comezará no IES O Ribeiro a seguinte Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas Desempregadas (AFD) que inclúe prácticas en empresas: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos.

O curso vai dirixido a formar persoas para exercer a súa actividade profesional realizando operacións auxiliares de mantemento na área de carrocería en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas ao mantemento de vehículos, automóbiles, motocicletas, vehículos industriais, maquinaria agrícola, de obras públicas e embarcacións

Solicitudes de inscrición no IES O Ribeiro (teléfono contacto:988 788 463) ou na Oficina de Emprego de Ribadavia (teléfono contacto:988 788 259)

Nome curso: TMVL0109: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos

  • Número curso: 2022/004914.
  • Data inicio: 21/03/2023.

  • Data finalización: 30/06/2023.

  • Lugar impartición: IES O Ribeiro. Edificio Abrente.

  • Número máximo asistentes: 15.

  • Horario: de 16:00 a 21:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut