Skip to Content

Taboleiro

RESIDENCIAS DE ESTUDANTES PARA O CURSO 2022/23

UNIVERSIDADE

1. A USC (Universidade Santiago de Compostela) abre o prazo para solicitar praza nas residencias públicas do Campus de Santiago e Lugo. O prazo remata o 28 de xuño. Toda a información neste Enlace.

2. A UVIGO (Universidade de Vigo) non ten residencias públicas, senón concertadas. Polo tanto, para reservar praza hai que poñerse en contacto directamente coa residencia que nos interese:

CONCURSO INTERNACIONAL DE PODCAST

Damos os parabéns a un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A que resultou finalista no Concurso Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos” co podcast que realizaron na clase de lingua galega e literatura. O podcast de David, Laura, Lorena, Oier e Xoel leva o nome de “Informando sobre Florencio” e trata sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

O IES Rosalía de Castro, organizador do concurso, invítanos a participar no acto de entrega de premios que se levará a cabo este venres 3 de xuño en Santiago de Compostela. Esperemos que haxa sorte! Mentres tanto, podedes escoitar aquí o podcast.

Enlace para escoitar o podcast finalista

MATRÍCULA ABAU 2022

CONCURSO DA IMAXE DE MARCA PARA OS PRODUTOS ELABORADOS NO CENTRO

O noso alumnado deseñou distintas etiquetas que se levarán a concurso o día 4 de marzo para elixir a imaxe de marca para os produtos elaborados no Departamento de Industrias Alimentarias.

 

Bases do concurso

 

XVII OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

O noso alumno de 2º de bacharelato Gabriel Rodríguez Canda ven de participar na XVII Olimpíada Española de Bioloxía, na súa fase galega, celebrada o venres 18 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, acompañada pola súa profesora Beatriz Valiñas. A xornada foi moi intensa para o noso alumno, comezando ás 10:45h cun exame teórico sobre os coñecementos adquiridos ó longo destes últimos anos. Tras un descanso-aperitivo, que deu paso ao exame práctico, tivo que aplicar os seus coñecementos teóricos e destrezas no laboratorio. Trala comida asistiu a unha charla sobre a oferta académica e a vida universitaria na UDC e a unha conferencia do Doutor en Bioloxía e prestixioso herpetólogo Pedro Galán Regalado titulada “Darwin e Wallace: naturalistas”. Durante o acto de clausura nomeáronse os tres participantes que acudirán á fase española que se celebrará en Oviedo. Aínda que non logrou clasificarse, a súa valoración da experiencia foi moi positiva. Queremos darlle os parabéns de parte de toda a comunidade educativa do IES O Ribeiro a Gabriel pola súa participación, implicación, esforzo e traballo constante nestes anos. Augurámoslle moito éxito no seu futuro académico.

CAMPIONATO ESCOLAR PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O domingo 13 o deporte escolar viviu unha das festas anuais ao celebrarse na Área Recreativa de A Veronza, en Ribadavia, a fase provincial da modalidade de campo a través. Pese ao mal tempo, 450 nenos e nenas desfrutaron de vistosas e esixentes carreiras nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, nas modalidades masculina e feminina. Esta competición forma parte do Programa Xogade, que pretende fomentar o deporte educativo e saudable no que participan escolares dos centros e clubs da Comunidade.

O alumnado do IES O Ribeiro participou nesta fase autonómica, obtendo o terceiro posto por equipos na categoría cadete masculina e feminina. Ademais, o deportista Cristian Francisco acadou a segunda posición individual categoría cadete. O acto de recoñecemento aos nosos gañadores fíxose no centro o venres 18.

Noraboa a todos/as!

   

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O venres 11 de febreiro o noso alumnado de 3º ESO celebrou o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia participando nunha videocharla organizada polo Museo do Ferrocarril de Madrid para salientar o traballo das mulleres científicas e enxeñeiras que traballan ou traballaron no mundo do tren.

Antes da charla proxectouse un video onde a Ministra de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana dedicou unhas palabras de ánimo para incentivar ás nenas a realizar carreiras técnicas e científicas e poder romper coa brecha de xénero que incrementouse nos últimos anos.

Despois, Dna. Cristina Ortega, Xefa de Sistemas e Dixitalización de Renfe, resaltou a importancia da tecnoloxía e informática no transporte ferroviario e tamén noutros ámbitos da vida, mostrando que son disciplinas que dan resposta a necesidades e resolven problemas diarios. Contou ademáis o que a animou a estudar Enxeñería Informática, nunha época na que non había tanta información como agora, e a súa traxectoria en empresas como a ONCE ou Iberia.

 

XVII OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

O 18 de febreiro de 2022 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña vaise celebrar a Fase Autonómica Galega da XVII Olimpíada de Bioloxía. O equipo docente do IES O Ribeiro síntese moi orgulloso da clasificación do seu alumno Gabriel Rodríguez Canda, de 2º de bacharelato, seleccionado na fase previa.

Parabéns polo bo traballo realizado e sorte na seguinte fase!

Parabéns tamén á súa profesora Beatriz Valiñas.

 

XVII OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

Sete alumnas e alumnos da materia de bioloxía de 2º Bacharelato participaron na Fase Autonómica Galega da Olimpíada de Bioloxía (fase previa telemática).

  • Fernández Meiriño, Xiana

  • Fernández Ojea, Ariadna

  • López Vázquez, Xoel

  • Prol Álvarez, Manu

  • Rodríguez Canda, Gabriel

  • Rodríguez Meiriño, Gemma

  • Vázquez Martínez Saúl

Moita sorte!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut