Skip to Content

EDLG

MAIOS 2016

Este ano o mes de maio ven cargado de bo humor e de alegría. A nosa profe de galego Pilar Conde, axudada por outros profesores  e polo alumnado de Diversificación de 4ºESO, creou un precioso maio que quedou exposto na estrada do instituto.

A profesora Eva Mouriño explicou a historia e o significado das tradicións asociadas a este mes ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO. Podedes ver imaxes desta charla na galería de fotos.

VER GALERÍA DE FOTOS

O equipo de dinamización lingüística tamén contou coa axuda do profesorado de música para cantar os maios con moita retranca. Podedes escoitar as coplas neste video.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "AMOR EN CATRO LINGUAS 2015-16"

 

Por fin temos os nomes dos gañadores do concurso "Amor en catro linguas" na súa edición 2015-16. Este concurso está organizado polo departamento de normalización lingüística co que colaboran os departamentos das catro linguas que se imparten actualmente no noso centro.

 

LER AS CARTAS

 

NOMES DOS GAÑADORES E GAÑADORAS

 Lingua castelá:

  • Categoría: ESO                Aida Doeste Castellanos de 4º de ESO 
  • Categoría: Bacharelato   María González Buceta de 2º de Bacharelato

Lingua francesa:

  • Categoría: ESO                 Brais González Herráez de 3º de ESO .
  • Categoría: Bacharelato    Antía Sobriño de 1º de Bacharelato.

Lingua galega:

  • Categoría: ESO                 Amagoia Andújar Mejuto de 3º de ESO.
  • Categoría: Bacharelato    ( Deserto)

Lingua inglesa:

  • Categoría: ESO                 (Deserto)
  • Categoría: Bacharelato     Sara González Figueira de 1º de Bacharelato.

ENTROIDO 2016

(Para ampliar, clic na imaxe)

Na primeira semana de febreiro no instituto de Carril tiveron lugar os diferentes actos de celebración do Entroido que este ano tivo como tema central al ciencia ficción.

Para ir quecendo os ánimos o mércores tivemos unha charla sobre“Entroido e tradición” por Xosé Ramón Brea, que ata fai ben pouco foi profesor do noso centro .

O venres, 5  foi o día do gran festival con música e disfraces,  agasallos para os participantes e premios para diferentes categorías. Os premiados desta edición foron os seguintes:

  • Actuación de grupos:
    • 1º premio: 2ºA de Bacharelato
    • 2º premio: 4ºESO (grupo 2)
    • 3º premio: 1º Bacharelato Musical
  • Disfraz individual: Loaira Miguéns (2ºESO) . Premio especial para Javier Galbán polo seu "sombreireiro tolo"
  • Baile: Sasha (3ºESO) e Alex (4ºESO)
  • Sobremesas de Entroido
    • 1º premio: Antón Abadín (Bica de Entroido)
    • 2º premio: Saro López
    • 3º premio: Loaira Miguéns
    • Accesit: Marta Prego e Elena Eiras

Podedes ver algunhas fotos deste evento premendo na seguinte ligazón:

 VER GALERÍA DE FOTOS

A continuación tamén podes ver estes vídeos que recollne unha selección dos mellores momentos do festival deste ano:

 

 

MAGOSTO FESTEIRO

Hoxe martes 10 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi unha festa chea de música, de xogos e de bo humor.

Comezamos co xogo de turrar da corda na que se enfrentaron amistosamente alumado e profesorado (adiviñade quen gañou...) e  despois co de saltar á corda en estilo libre...e senón mirade as fotos. 

(Para ampliar, fai clic nas imaxes)

Os nosos músicos máis xóvenes tocaron varias pezas e incluso bailaron algunha delas. Podedes ver no vídeo que xeitiño lle dan.

 

Para rematar a tarde, todos tivemos ocasión de ver unha presentación audiovisual sobre o Magosto feita polo alumnado de 2ºESO mentras  tomábamos os bolos preñados e as castañas asadas que xa tiñan preparadas para nós os nosos asadores preferidos, Gorgoso e máis o Mestre.

VER GALERÍA DE FOTOS

 

Tamén houbo entrega de premios do concurso de cabazas "tecnolóxicas" do Samaín.

(Para ampliar, fai clic nas imaxes)

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Este ano celebramos a festa dos mortos cunha decoración estarrecedora na entrada do noso instituto...

Ademáis o alumnado participou de xeito entusiasta no concurso de cabazas. Podes ver aquí  fotos da exposición das pezas presentadas. Veremos cal é a gañadora

 VER GALERÍA DE FOTOS

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Actividades do mes das Letras. 
O autor homenaxeado
este ano:
Xosé Filgueira Valverde
(Para agrandar, clic nas imaxes)

 

FOLIADA DAS LETRAS

Martes 5 de maio foliada do mes das letras. Queda a xantar e participa!

“CANTAMOS O MAIO”: UN RECORRIDO POLA TRADICIÓN

“Cantamos  o Maio”: un recorrido pola tradición no I.E.S. “Miguel A. Glez. Estévez”, O Carril

Hoxe, xoves 30 de abril, e seguindo os mandados da tradición, os alumnos de 1º da ESO celebraron na Biblioteca un festival lúdico- musical, no que tamén tivo cabida un audiovisual que percorreu a nosa tradición do Maio, dende tempos pretéritos, pasando pola pegada celta e romana, así como a cristianización dos rituais,  xa en plena Idade Media.

     (Clic na imaxe para ampliar)

VER GALERÍA DE FOTOS

CÁNDIDO PAZÓ VISITA O INSTITUTO DE CARRIL

 O actor, autor e narrador oral galego Cándido Pazó veu ao noso entro educativo para facer unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato. Como podedes apreciar nestas imaxes o público disfrutou moito  da actuación desenvolvida integramente en galego.

            LER A NOVA NA PRENSA

 

 

ENTROIDO 2015

 
 
 

     Como non podía ser doutro xeito, este ano a festa do Entroido estivo chea de dinamismo e de cor no instituto de Carril. O tema de inspiración para esta edición foi o das viaxes polo mundo. Tivemos clase ás dúas primeiras horas e despois fixemos festa rachada ata as 14h35. E que fixemos tantas horas? Pois un pouco de todo, dende concursos ata bailar , cantar e rir.

Para comezar podemos ver unha colección de fotos dos choqueiros que iremos ampliando a medida que nos vaian chegando e tamén algún pequeno vídeo.

VER GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut