Para ler a nova nos medios de comunicación, clic nos logos:
Reunido o claustro o día 7 de xullo ás 10:30 decidiu adoptar as seguintes medidas de protesta, ante as condicións que se presentan para a organización do vindeiro curso:
1. Facer público o seguinte comunicado na páxina do centro, xunto ao escrito aprobado no claustro anterior do 30 de xuño de 2020.
2. Facer unha CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 8 DE XULLO ÁS 11 HORAS FRONTE AO INSTITUTO para ESIXIR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE.
3. Difundir a través dos medios de comunicación as nosas reinvindicacións.