Skip to Content

Instalacións, recursos e servizos

INSTALACIÓNS, DOTACIÓN E CATÁLOGO DE SERVIZOS

Bibliotecas escolares de Galicia
   
Bibliomalveiras, a nosa biblioteca escolar, é o lugar en donde están centralizados os recursos de información e de documentación dos que dispoñemos no noso centro educativo.

Un pouco de historia

Quedou bautizada como Bibliomalveiras a proposta de Xosé Ramón Brea, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro do equipo de biblioteca. Ocorresuselle chamala así pola proximidade das illas Malveiras, que como di a "ineludible" Galipedia son: 
 
"[...]un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas.  "

 Instalacións

Dispoñemos dunha gran sala diáfana de 128 mequipada con andeis adosados na súa meirande parte e algúns móbiles que conteñen a colección, ordenada polo sistema de Clasificación Decimal Universal (CDU). Ademais dos andeis hai dous mobles expositores que utilizamos para expoñer lecturas temáticas e novidades. A sala, sufríu varias transformacións ata chegar ao seu estado actual.  Suple ao salón de actos dado que o noso centro non disfruta desta sala.
Habilitouse unha parte da sala para ordenadores de sobremesa que están a disposición do alumando e do profesorado durante os recreos para uso libre e durante as horas de clase a discreción do profesorado..
 
DIAPORAMA

 Recursos

Evidentemente a colección vai modificándose de ano en ano por adquisicón de novos fondos e expurgo dos que xa non están adaptados ás necesidades da comunidade educativa. O criterio sempre é a excelencia. Os recursos cos que contamos son:
  • Cine e documentos didácticos en soporte electrónico (DVD).
  • Libros, clasificados en seccións.
  • Revistas e catálogos.
  • Xogos de mesa como xadrez, dominó e parchís.
  • Dispositivos electrónicos de lectura (libros electrónicos)
Seccións destacadas son as de banda deseñada, a  de Carril e Vilagarcía e a de orientación educativa.
Non todos os recursos está ubicados na biblioteca pero podemos consultalos igualmente.
O préstamo está limitado a tres recursos ao mesmo tempo por persoa e o prazo de devolución é de 15 días.

Catálogo de servizos

 
         

PRESENTACIÓN             CARTAZ 

Distribuir contido


by Dr. Radut