Skip to Content

2010-11

Exames de setembro: algúns cambios

 

Cambeáronse as datas de examen de:

  • 4º ESO: Educación Física que será o venres día 2 de 11:30 a 13:00
  • 1º BAC: Bioloxía a Xeoloxía que será o xoves día 1 de 13:00 a 14:30

Sentimos as molestias.  Para calquera aclaración podedes poñervos en contacto coa xefatura de estudos.

Modificación calendario de setembro

 

Dado que non pode coincidir co de Matemáticas, o exame de Debuxo Tecnico II pasa ao mesmo día á seguinte hora.
Queda pois:

2ºBAC: Debuxo Técnico II, venres día 2 de 10:00 a 11:30 

VOLUME.

Imaxes para volume:

          

 

 

                   

 

     

 

 

        

 

Enviado por Maika Fdez

 

 

Excursión de 4º

 

Este ano non poderemos colgar fotos da excursión.  Os amigos da Xunta decidiron cambear o sistema de páxinas web dos centros e ...

Nos próximos días, os alumnos que participaron recibirán o CD coas fotos asi que, se queredes velas, teredes que pedirllas a eles.

Pero si podes ollear o Diario de Viaxe e acompañalos na excursión ou, lembrar algúns dos lugares que vistes se participastes nela.

Pulsa aquí para ver o Diario de Viaxe.

Videos

Visualizade os seguintes vídeos:

 

Pablo Cuervo

Videos

Visualizade os seguintes vídeos:

O primeiro video serve para mostrar unha  idea xeral do que queremos facer.  O segundo constitúe a primeira parte dos pasos. Practicádea de cara o luns, ese día quedaremos no segundo recreo no pabillón pequeno para practicalo. Demostrade que a vosa xeración se quere pode facer o que quera. Ánimo

 

 

Pablo Cuervo

Entroido 2011

A festa do entroido volveu encher de cor e son o escenario do Centro. Alí estaban os superheroes de mestres de cerimonia, as estrelas da canción, as raíñas do baile e, por riba de todo, mancheas de bo humor e de festa rachada.

Entroido 2011

Para ver as fotos,pulsa aquí ou na 

imaxe.

 

Entroido 2011-Videos

Para ver os vídeos pulsa na imaxe

De novo, don Carnal venceu a dona Coresma. Parabéns ao  alumnado e profesores que souberon compartir o Entroido!! De hoxe nun ano...moito máis!!

Visita de Rosa Aneiros

     
  

 

Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza da escritora Rosa Aneiros que lles amosou aos alumnos de 4º da ESO como é o traballo dunha escritora.

Rosa tamén contestou as preguntas dos alumnos e emocionounos coa lectura dun fragmento do seu libro "Ás de Bolboreta". Foron case dúas horas que pasaron nun pestanexo.

Recuperación DESEÑO.

Imaxes para análise:

 

 

 

                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enviado por Maika Fdez

Traballo Nadal 4º ESO B

No arquivo adxunto podes atopar os exercicios que debes facer.

En cada exercicio aparece a resposta correcta ou parte dela para que podas comprobar se o tes ben feito.  Loxicamente, en caso de telo mal debes correxilo.

Como sempre, se tes dúbidas, podes poñerte en contacto en fmrmayo@gmail.com.

Para descargar os exercicios, pulsa aquí


Distribuir contido


by Dr. Radut