Marta Rial Rodríguez, de 2° ESO B, recibiu o pasado 21 de decembro o 1° premio do concurso "Un intruso no meu cerebro", impulsado por @larprosaludmental. Marta presentou ao concurso unha curtametraxe titulada "A nube" na que reflicte á perfección que un problema mental non nos define e que, con axuda psicolóxica, apoio dos seres achegados e medicación calquera persoa pode levar unha vida normal. Moitos parabéns, Marta, un premio máis que merecido!!!!
O alumnado de 1ºESO e 2ºESO xunto coa súa profesora de Lingua Galega, María Roma, organizou unha exposición con motivo do Día do libro. Acompañando á foto da portada dos seus libros favoritos, cada alumno escribiu un pequeno resumo dos mesmos.
Este fin de curso foi atípico pero iso non impedíu que se realizaran actividades para todos os gustos. Aquí tedes unha escolla de fotografías testemuñas destes momentos.
Debido á evolución “favorable” da Covid-19 imos empezar a realizar actividades deportivas programadas nos recreos, para todos aqueles/as que o desexen (é algo totalmente voluntario e non serán actividades avaliables). Animámosvos a participar e así renovar un pouco a nosa enerxía,contrarrestando así as horas que pasamos sentados ao longo do día.