Skip to Content

2009-10

Acto fin de curso 2009-2010

Un acto estupendo, unhas actuacións fantásticas: música, cancións bailes, baile Hip-Hop, acrosport.

E que dicir dos presentadores: uns deuses baixados do Olimpo, coas súas túnicas, e as súas pequenas disputas (cousas de deuses, xa se sabe).

Divertivo, atractivo, sorprendente, emocionante, ... Así foi o acto de despedida do curso 2009-2010 no IES Miguel Ángel González Estévez.

Agradecervos a todos os que estivestes a vosa asistencia e, aos que non estivestes, xa vedes o que perdestes.

Agradecer ao Concello a súa colaboración deixándonos empregar o estupendo auditorio de Vilagarcía e a axuda dos técnicos do Concello na realización do acto.

E, sobre todo, a todos os que participastes no acto. Tres hurras por vos: Hip, hip, hip, hurra!

Como sempre, para acceder á páxina do acto, só tes que pulsar aquí.

Percusión

Acrosport
 

MAGE - 10

Os alumnos de bacharelato artístico do IES MIguel Ángel González Estévez amosáronnos parte do que saben facer nunha magnífica exposición no auditoria de Vilagarcía.

Pulsa aquí para ver imaxes da inauguración

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Festa dos maios 2010

Maio do IES Carril

 

Todas as culturas celebran a fin do inverno e a chegada da primavera.  En Galicia é a festa dos maios, unha celebración do rexurdir da natureza despois das dificultades do inverno, de aí que os ovos e as flores formen parte esencial da celebración.

Case todos os alumnos da ESO puxeron algo, os de 4º fixeron colares e o maio, os do primeiro e segundo compuxeron coplas e cantaron.

O venres fixemos unha pequena festa no centro e o sábado participamos nos actos organizados polo concello.

Se queres ver as imaxes pulsa aquí.

 


Campeonato de FUTBITO

Por se alguén non o sabe, estase celebrando un campeonato de futbito de todos os institutos de Vilagarcía e nós, como non, tamén estamos.
Certo que non nos vai moi ben, pero participar é o que importa, ¿ou non?

Se queres ver as fotos de todos os equipos, a clasificación, mellor xogador, ... pulsa aquí

Equipo do IES Miguel Ángel González

 

 

 

 

 

 

 

 

Excursión 4º ESO

Este ano percorremos Asturias, Bilbao, Burdeos e o territorio cátaro no sur de Francia, Andorra, Barcelona e Salou entre outros moitos sitios.
Podes ollear as miniaturas das fotos pulsando aquí.  Lembra que, se queres retirar algunha imaxe, só tes que indicarllo ao profesor Manuel Rodríguez.
Dentro duns días, poderás ver as fotos a tamaño completo e os videos.

Volume. Recuperación do exercicio: Interpretación Tridimensional.

Realizar unha forma tridimensional (vulto redondo) interpretando a imaxe:

 "Suprematist Painting. 1915-16. Kasimir Malevich.

 

 

(Esta imaxe mostrase xirada respecto da orixinal)

 

Tal e como vimos na clase, non se trata de facer un relevo, elevando as figuras da imaxe. Intentarase xogar co xiro das figuras xerando distintos planos.

Para a avaliación do exercicio teranse en conta os seguintes puntos:

-Todas as vistas do volume deben ser igual de importantes.

-Respectar as liñas de forza, composición do orixinal.

-Solidez, equilibrio, acabado.

 

 

 

Enviado por Maika Fdez 

Preguntas para o exame de Xeometría

No documento adxunto atoparedes as preguntas que correspondentes á parte de teoría do exame de recuperación de Xeometría.

Só faremos un exame con dúas partes:

  1. Parte de teoría: tres preguntas elixidas entre as que figuran no documento adxunto. A resposta de cada unha non poderá superar as 5 liñas de texto.  Lembrade que só poderá ser texto, sen fórmulas nin signos matemáticos.
  2. Parte práctica:  tres ou catro preguntas similares ás que entraron no exame anterior.


Sorte e lembrade que, se tendes calquera dúbida, preguntar é o camiño máis axeitado para atopar a resposta.

Material para métodos

No arquivo adxunto podes atopar datos da temperatura mundial do IPCC e da concentración de CO2.

No traballo debes contestar as seguintes preguntas:

1.- ¿Está aumentando a temperatura mundial? ¿Faino lineal ou exponencialmente?

2.- No caso de estar efectivamente aumentando a temperatura, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

4.- ¿Está aumentandoa concentración de CO2 na atrmósfera?¿Faino lineal ou exponencialmente?

5.- No caso de estar efectivamente aumentando a concentración de CO2, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

6.- ¿É lóxico afirmar, con eses datos, que o aumento da temperatura ten relación coa concentración de CO2?

Conferencias sobre o entroido

O noso compañeiro Ramón Brea, destemido conferenciante, fíxolle fronte a unha numerosa audiencia de alumnos dispostos a todo.
Non fixo falla recurrir á tralla, os alumnos protáronse estupendamente.  A calidade da exposición axudou e todos aprendemos moito sobre a orixe do entroido e as súas vicisitudes ao longo do tempo.
Tamén percorremos Venecia e Brasil para botar unha ollada aos entroidos daqueles lugares.

¿Quen somos?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nestes tempos que vivimos, nos que a xente de todo o mundo viste igual, come a mesma comida rápida, ve os mesmos programas na televisión e escoita as mesmas noticias pode ser interesante pararnos uns instantes a reflexionar no que nos fai ser como somos.

Ese é o obxectivo que persegue o ENDL do centro coa axuda da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía.

Distribuir contido


by Dr. Radut