Skip to Content

2022-23

CONCURSO DE DEBATE DA FUNDACIÓN BARRIÉ

As nosas alumnas Carla, Noa, Alicia e Carmen e o noso alumno Brais de Bacharelato, estiveron o pasado un, dous e tres de febreiro no concurso de debate da Fundación Barrié. A pregunta do debate era: O saber científico-técnico recibe máis apoios institucionais que as humanidades ou o arte: ¿o coñecemento debe valorarse en función da súa utilidade?

 

O día un tiveron os seus tres primeiros debates de clasificación, saindo in victos e coas puntacións máis altas de ese día. Quedaron así no cuarto posto da clasificación xeral. O día dous asistiron aos oitavos e tamén sairon gañadores. Mais o terceiro día, a sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron. Damoslle a enhoraboa e damoslle forzas para a súa participación no Parlamento Xove.

 
 Fai clic sobre as imaxes para aumentalas
 
 
 

VIAXE A ANDORRA DE 1º BACHARELATO

A USC CAMIÑA A VILAGARCÍA

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizará o venres 10 de febreiro no auditorio de Vilagarcía unha serie de actividades encamiñadas a orientar ao alumnado de 2º de Bacharelato nos seus estudios superiores.

Unha mesa redonda, unha conferencia, un seminario sobre os servicios da USC, stands informativos sobre as diferentes titulacións, obradoiros e demostracións completan esta mostra dos estudos superiores ofertados pola universidade de Santiago.

Para obter información detallada preme nesta imaxe:

ENTROIDO 2023

Preme na imaxe para agrandala

INFORMACIÓN ABAU

Información xeral: COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA GALEGA.

Informacións específicas:

  • NOTAS DE CORTE:   Notas da última persoa convocada a matrícula nos distintos graos As notas de corte que levan E son de alumnado con solicitude de preinscrición na convocatoria Extraordinaria

 

CALENDARIO 2023

Xa chegou, xa está aquí o noso calendario para este ano 2023! O tema é: Que bonito é vivir aos pés da Ría de Arousa!
Moitísimas grazas ao Departamento de Debuxo, por colaborar con nós un ano máis na realización do calendario, e ao alumnado que fixo os debuxos do mesmo. Que artistas sodes!! Marabilla!

 

Preme nas imaxes para agrandalas

COMPARTE AS TÚAS LECTURAS

Animádevos a escribir unha pequena reseña en galego sobre aqueles libros da biblioteca do centro que lerades, ou vaiades ler, e que vos gustasen. Para isto, atoparedes papeliños de cores na mesma. Entre tod@s temos que dinamizar a nosa biblio!

AS FOLIADAS DO 2º TRIMESTRE

CONCURSO-MARATÓN FOTOGRÁFICO EN COMPOSTELA

Esta fermosa fotografía de Gaila González Pillado vén de gañar o premio "IES O CARRIL" do concurso-maratón fotográfico no que participou o alumnado de 3°ESO o pasado 22 de novembro na visita a Santiago de Compostela. Moitos parabéns, Gaila!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut