Skip to Content

Convocatorias

DIGITAL WEEK 2022– SEMANA DIXITAL 2022

Quen participa?

O alumnado de 3º ESO.

 

En que consiste?

Este é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais no que se fomentará a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico galego cunha metodoloxía adecuada á etapa educativa correspondente.

 

Cando e onde?

Do 13 ao 19 de novembro o alumnado dos diferentes centros seleccionados convivirá nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

 

Canto custa?

O programa está totalmente subvencionado pola Consellería de Educación. As familias encargaranse do traslado do alumnado ao centro residencial así como da súa recollida ao remate do programa e terán que asumir os gastos derivados destes desprazamentos.

 

Como solicitar unha praza?

O alumnado interesado deberá entregar na Vicedirección do IES O Carril o impreso de solicitude debidamente asinado até o día8 de setembro.

 

Resolución:

En caso de ser seleccionado para participar neste programa, o centro disporá dun máximo de 25 prazas. Se hai máis de 25 solicitudes de participación, realizarase un sorteo público para cubrir o tope de prazas ofertadas.  

En canto a Consellería resolva se o IES O Carril forma parte ou non dos centros seleccionados, as familias solicitantes serán informadas desta resolución.

 

Para máis información, consulte a convocatoria:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/29_06_22_digitalweek-publicos_final_asinada.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut