Skip to Content

Novas en Bibliomalveiras

ESTHER BUELA, UNHA HISTORIA DE CORAXE

Esta mañá volvemos recibir a visita de Esther Buela para falar das violencias machistas. O alumnado de 1° de Bacharelato non puido conter a emoción a medida que Esther avanzaba no relato. Impactounos especialmente a súa capacidade de superación e a forza que transmite cando fala. Moitas grazas por compartir tanto con nós, Esther, e por darnos as claves para detectar situacións de violencia e falarnos das opcións que temos para bloquealas.
#stopviolencias
@galega_incorrecta

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA : XOGOS DE MESA

O club de lectura participou o día 28 de marzo de 2023 nun obradoiro para aprender outros usos da narración fóra dos formatos habituais (novela, conto, banda deseñada, etc.). Para elo, contamos coa colaboración de Andrés de "Astora Cómics" quen nos deu unha charla sobre os tipos de xogos de mesa ("eurogames", xogos americanos, competitivos, colaborativos, "fillers", etc) e nos permitiu probar clásicos coma o "Piko Piko" ou o "Jungle Speed".
Na última parte do obradoiro, os estudantes tiveron a oportunidade de familiarizarse coa dinámica dos xogos de rol, participando nun rescate cheo de emocións dentro dun bosque enfeitizado.

Máis fotos aquí:

OS DEREITOS DAS MULLERES

EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN, MATEMÁTICO E DIVULGADOR CIENTÍFICO, NO IES O CARRIL

O pasado 14 de Febreiro tivemos o inmenso pracer de ter no noso instituto ao matemático e divulgador científico Eduardo Sáenz de Cabezón.

Profesor na Universidade de La Rioja, é tamén membro do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia e, dende fai uns anos, coñecido por ser o conductor do programa Órbita Laika que se emite na 2 da TVE.

Moitísimas grazas Eduardo por esta tarde tan agradable, que se configurou non só como unha aprendizaxe sobre cuestións nas que están tan presentes as matemáticas, senón como unha invitación á reflexión sobre as mesmas. Ata a próxima!

Fai clic sobre as imaxes para amplialas

COMPARTE AS TÚAS LECTURAS

Animádevos a escribir unha pequena reseña en galego sobre aqueles libros da biblioteca do centro que lerades, ou vaiades ler, e que vos gustasen. Para isto, atoparedes papeliños de cores na mesma. Entre tod@s temos que dinamizar a nosa biblio!

DÍA DO LIBRO 2022

O alumnado de 1ºESO e 2ºESO xunto coa súa profesora de Lingua Galega, María Roma,  organizou unha exposición con motivo do Día do libro. Acompañando á foto da portada dos seus libros favoritos, cada alumno escribiu un pequeno resumo dos mesmos.

VER EXPOSICIÓN

ENCONTRO DO ALUMNADO DE 1ºESO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

Hoxe, 21 de marzo, celebrouse un encontro entre Andrea Maceiras, autora de A folla azul e as súas lectoras e os seus lectores de 1°ESO.

Ver album de fotos

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NAS SEMANAS DAS CIENCIAS

Para ver o album de fotos da actividade preme na imaxe

No marco das actividades das Semanas das Ciencias en Galego o alumnado de ciclo, guiado polo profesor Luis Garrigós, levou a cabo unha actividade co alumnado de 2ºBAC A. Cunha máquina obtiñan diversos datos relacionados co IMC, peso dos ósos, grasa corporal... Velí a actividade descrita en detalle:

PRÁCTICA CO APARELLO DE BIOIMPEDANCIA PARA ALUMNOS DE 2º BTO

O pasado 17 de decembro o alumnado do ciclo TSAF da área do módulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes realizou unhas medicións co aparello de bioimpedancia ao alumnado de 2º BTO.
 A bioimpedancia é unha proba que analiza a composición corporal, indicando a cantidade de músculo, óso e graxa. Esta verificación  realízase mediante balanzas especiais, neste caso coa Tanita BC-602, que teñen  placas metálicas que conducen un tipo de corrente eléctrica débil que atravesa todo o corpo.
Estes aparellos, ademais de mostrar o peso actual e o IMC (Índice de Masa Corporal), ofrecen valores relativos á masa de graxa corporal, brazos e pernas, masa magra, masa muscular, hidratación, densidade ósea, graxa visceral e taxa de metabolismo basal.
Esta práctica finalizou coas probas de dinamometría manual co dinamómetro hidráulico manual Baseline LITE 200Ib e unha medición individual do contorno abdominal cunha cinta métrica antropométrica.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: PASAPALABRA EN 1ºESO E 2ºESO

Con motivo do mes da ciencia realizamos uns pasapalabras multidisciplinares entre o alumnado de 1º ESO e 2ºESO. Aínda que a competición foi moi, moi disputada, os grupos gañadores foron 1ºESO A e 2º ESO B.

Premendo aquí abaixo poderás ver as fotos do concurso e máis dos agasallos (un trofeo e máis unha bolsa de bombóns).

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: RECREOS DINÁMICOS

Para ver o álbum de fotos da actividade fai clic aquí

O martes 14 e o xoves 16 de decembro realizamos nos recreos na biblio distintas actividades:

  • adiviñas
  • crebacabezas especiais
  • tangrams
  • pentaminós
  • xogos de criptografía
  • dominós...

...para desenvolver a intelixencia exercitando as nosas habilidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut