Skip to Content

2013-14

EXAMES DE SETEMBRO

PROBAS DE SETEMBRO1, 2 e 3 de setembro.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO(Podes consultar data e hora do/s teu/s exame/s facendo clic sobre a imaxe) 

LECTURAS VERÁN 2014

Aproveitamos as vacacións para desenvolver aquelas actividades que normalmente non temos tempo de facer. A lectura pode ser unha delas. Velaí unhas recomendacións de BIBLIOMALVEIRAS para este verán:

(Para ler a publicación fai clic sobre a imaxe)
 

INFORMACIÓN XERAL DO CICLO

1.Lexislacion:

2. Folleto informativo da Conselleria de Educacion:

              S02002 - Animación de actividades físicas e deportivas    

3. Información sobre algunhas das actividades que se desenvolven no ciclo preparada polo profesorado.

 

PREME SOBRE A DIAPOSITIVA PARA VER A PRESENTACIÓN

ATENEA 2014

UN ANO MOI MUSICAL

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

(CURSO 2013-14)

Neste curso 2013-14 o alumnado de Música realizou varias saídas entre as que podemos sinalar as seguintes:

 

  • O alumnado de 2º E.S.O saíu o día 20 de febreiro ao concerto didáctico de percusión Odaiko nas escolas celebrado en Auditorio Centro Social N.C.G. Completaron a saída cun Roteiro Castelao .
  • Por outra banda, o alumnado de 4º E.S.O. e de 1º Bacharelato puido disfrutar na Coruña o 14 de febreiro, día dos namorados, do concerto didáctico A Bela Durminte interpretado pola Orquesta Sinfónica Galicia, na Coruña. Seguidamente fixeron unha visita didáctica ao Domus e ao Aquarium.
  • Entre o 5 e o 8 de marzo, o 2º Bacharelato de Música, Danza e Artes escénicas fixo unha viaxe a Madrid cunha axenda moi apretada:

* Concerto didáctico: Sherezade interpretado pola Orquesta Sinfónica del Teatro Real 

* Musical O Rei León no Teatro Lope de Vega.

* Ópera Orfeo de Gluck no Teatro Real. 

* Flamenco  en vivo: Tablao Corral de la Morería (Canto,guitarra e danza).

* Visitas ao Museo do Prado (visita guiada colección 15 Obras Mestras), ao Museo Thyssen e no Matadero Madrid ao Centro Creativo Contemporáneo 

 VER GALERÍA DE IMAXES

 

GUITARRITA 2014

Na derradeira semana deste curso celebrouse na cafetería unha nova edición de GUITARRITA, un festival que da a coñecer os talentos emerxentes do noso instituto. Velaí unhas imaxes do evento.

EXPOSICIÓN DE TECNOLOXÍA (2º/3ºESO)

O alumnado de 2ºESO e 3ºESO, coordinados polo seu profesor de Tecnoloxía,  preparou no primeiro andar unha exposición de diferentes máquinas realizadas con materiais de refugallo: ascensores de varios pisos, roldanas, iluminación nunha vivenda ou no interior dunha neveira, automóbiles e ata unha torre de Hércules, coa súa primitiva función de faro. 

Chama a atención o que os rapaces poden conseguir cun bote de champú, unha pila e unha caixa de cartón. Velaí vos vai unha galería de fotos destes marabillosos obxectos.

VER GALERÍA DE FOTOS

MASTER CLASS DE ANABELL GAGO

O alumnado do Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas tivo ocasión de asistir a unha master class de Anabell Gago, actriz moi coñecida e de sobrada experiencia. Podedes ver aquí algunha foto.

GALERÍA DE FOTOS

EXPOSICIÓN BACHARELATO ARTÍSTICO

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes realizou un traballo gráfico que estivo exposto no centro. Cada alumno reflexionou sobre a situación actual e elaborou un cartaz que responde á pregunta "Como están as cousas?". O resultado é este que podedes ver a continuación. Parabéns.

 CLIC NA IMAXE PARA VER A EXPOSICIÓN 

PREMIO DE BANDA DESEÑADA PARA TATIANA SANTIAGO

A alumna de 2º Bacharelato Artístico Tatiana Santiago Solla foi premiada no II Certame de Banda Deseñada AXI convocado polo IES Arcebispo Xelmírez I, a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.            (Para ampliar, clic nas imaxes)

A nosa alumna obtivo o 2º premio na categoría de maiores de 16 anos polo traballo "A Pedra". O acto de entrega do premio celebrouse o martes 10 de maio na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I en Santiago de Compostela. Parabéns, Tatiana.

 LER A NOVA NO SITIO WEB DO IES ARCEBISPO XELMIREZ I

Distribuir contido


by Dr. Radut