Skip to Content

PREMIO DE BANDA DESEÑADA PARA TATIANA SANTIAGO

Versión para impresoraVersión para impresora

A alumna de 2º Bacharelato Artístico Tatiana Santiago Solla foi premiada no II Certame de Banda Deseñada AXI convocado polo IES Arcebispo Xelmírez I, a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.            (Para ampliar, clic nas imaxes)

A nosa alumna obtivo o 2º premio na categoría de maiores de 16 anos polo traballo "A Pedra". O acto de entrega do premio celebrouse o martes 10 de maio na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I en Santiago de Compostela. Parabéns, Tatiana.

 LER A NOVA NO SITIO WEB DO IES ARCEBISPO XELMIREZ I



story | by Dr. Radut