Skip to Content

2013-14

CURSO DE REANIMACIÓN CARDIO-PULMONAR EN CARRIL

O alumnado do cilo superior en Animación de Actividades Físico-deportivas (TSAAFD) participou nun curso de reanimación cardio-pulmonar impartido por persoal do Hopsital do Salnés.  Podedes ver diferentes momentos do curso facendo clic nas imaxes e ler a novas nos xornais facendo clic nos xornais. Tamén está accesible o vídeo publicado na edición dixital de La Voz de Galicia. Esta actividade completa a formación do noso alumnado capacitándoos para actuar adecuadamente en situacións de emerxencia.

(Para ler as novas, clic nos xornais)

      

(Para ampliar, clic nas imaxes)
 

(Para ver o vídeo, clic na imaxe)

AMOR EN CATRO LINGUAS 2014

Un ano máis celebramos a festa dos namorados cun concurso. O premio paga a pena. Participade!

BASES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 

 (Para descargar as bases en PDF clic na imaxe)

1.- Escribe a túa carta de amor (amor de parella, amor de amigos, amor de familia...) en calquera das catro linguas que se imparten no centro: galego, castelán, francés ou inglés.

2.- O xurado valorará o contido, a corrección na lingua empregada e a presentación.

3.- Haberá dúas modalidades en cada lingua (E.S.O. e Bacharelato e Ciclo) cun premio por lingua.

4.- Os premios consistirán en entradas de cine.

5.-As cartas non irán asinadas e acompañaranse dun sobre pechado cun alcume. Dentro figurarán os datos persoais: nome, apelido, curso e alcume. 

6.- As cartas deixaranse en conserxería ata o venres 14 de febreiro.

7.- O fallo do xurado comunicarase durante a festa do Entroido.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos no noso instituto o "Día escolar da paz e da non violencia". Para celebrar este evento situaronse uns paneis na entrada principal cheos de mensaxes de paz en relación coa guerra en Siria e máis con situacións da nosa vida diaria. O alumnado aportou os seus proprios desexos de paz.

(Para ver a seguinte diapositiva, fai clic na imaxe).

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

FOLIADA DE FEBREIRO

Este martes celebrouse unha nova edición das Foliadas de Carril. Botade unha ollada a estas imaxes da festa. Unha ledicia!  

GALERÍA DE FOTOS       

O TSAAFD VISITA O HANGAR DO HELICÓPTERO DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA

VISITA CON DATA 21-1-2014 DOS ALUMNOS DO 2º CURSO DO T.S.A.A.F.D. AO HANGAR DO HELICOPTERO PESCA 1  DO SERVICIO DE GARDACOSTAS DE GALICIA, EN PEINADOR

Estivemos catro horas nas súas instalacións, un hangar do aeroporto de Peinador; a visita foi todo un éxito grazas á estreita e desinteresada colaboraciòn de Micky, Xavi, Luis e Rubén ( copiloto, operador de guindastre e rescatadores )

Formaron catro grupos de traballo que rotaban co cronograma seguinte:

  • 1º GRUPO: Protocolo de activación da emerxencia, Briefing das misións SAR e procedementos de emerxencia.
  • 2º GRUPO: Equipos de vóo e navegación, características e sistemas do helicóptero.
  • 3º GRUPO: Equipo persoal de rescatador, Equipos SAR (padiola, cesta, cincha, botiquín…)
  • 4º GRUPO: Equipo SAR (guindastre de rescate, cámara FLIR, Nightsun)

Simplemente, como profesores do ciclo, mostrar a nosa gratitude en materia formativa aos nosos alumnos. Esperamos unha futura colaboración co módulo de Salvamento Acuático pola valiosa contribución desta visita a un novo mundo: a do rescatador acuático.

Como última reseña, destacar que o noso ex-alumno RUBÉN LIJÓ, da segunda promoción do ciclo, era un dos rescatadores que traballan no helicóptero e que foi para nós, como profesores, toda unha satisfacción atopalo no seu lugar de traballo.

Profesorado do TSAAFD 
 
VER GALERÍA DE FOTOS

SESIÓN DE ZUMBA CO TSAAFD

O alumnado do TSAAFD monitorizou unha divertida sesión de zumba no hall do 1º andar do instituto. Esta actividade forma parte das prácticas profesionais e contribue a afianzar a formación recibida nas aulas.

Para o resto do alumnado do instituto é un momento de pura diversión. Podedes volver a disfrutar deses momentos recollidos neste pequeno vídeo. 

 

 

 

 

PROGRAMA ANTES DAS VACACIÓN DE NADAL

  • Xoves 19: Zumba con TSAAFD

No 2º recreo o alumnado do TSAAFD organiza unha macrosesión de zumba no vestíbulo do 1º andar. Quedades todos convidados a participar!

  • Xoves 19: Cimena para o alumnado de Relixión

O mesmo xoves, de 11h ás 14h, todo o alumnado de Relixión asiste á proxección da película"El verano de sus vidas". 

  • Venres 20: Fin do 1º trimestre

Ese día temos clase ata as 14h35 e os titores entregan as notas ao longo da mañá. Voltaremos ás aulas o xoves 9 de xaneiro. 

 

 

 

NADAL SOLIDARIO 2013

 

   Un ano máis celebramos o Nadal sendo solidarios cos que están a pasar momentos difíciles. Por iso fixemos un chamamento a toda a comunidade escolar para que colaborara nesta campaña de recollida de alimentos e outros productos básicos que foron levados a Cáritas e ao Asilo de anciáns.

Como podedes apreciar nas fotos a campaña de recollida deu os seus froitos. Entre outras cousas entre o centro, a rapazada e o profesorado fomos quen de xuntar moitas botellas de aceite de oliva, pasta, arroz, lentellas e garabanzos en abundancia, latas de conserva, froita en almibar, zumes, leite e galletas, chocolate e outras lamberetadas amais doutros productos de limpeza e aseo persoal

    

Esperamos que grazas a esta iniciativa moita xente que non ten nada puidera disfrutar dun bo Nadal.

MAGOSTO 2013

 Chegou o tempo da castañas e con elas chegou o Magosto. Para celebrar este evento tivemos varias actividades durante toda esta semana como por exemplo a charla “Falamos do Magosto”, unha exposición de cogomelos no 1º andar ou a proxección dun audiovisual titulado:“Tempo de outono”.

Deronse tres premios do concurso convocado no Samaín de cabazas decoradas:

  1. Nerea Barreiro (1ºC): cabaza-morcego.
  2. Aarón López (2ºA): cabaza-matrioska
  3. Raquel Maneiro e Melissa García Rey (2ºC): cabaza comendo unha mazá 

 Ademais celebramos unha nova edición do Concurso de Receitas de Cociña do Magosto elaboradas con algun produto de tempada (castañas, cogomelos, noces...). Entre todas as receitas destacaron dúas: a de "volovanes de cogomelos"(salgada)de Araceli Castrelo (2ºB) quedou en 2º lugar mentres que a receita gañadora foi a da "tarta de queixo e castañas" (doce) presentada por Sara Vázquez (2ºC)

     E o venres 15 de novembro, a partires do 1º recreo celebramos a festa propiamente dita. No programa había xogos tradicionais, actividades deportivas  e un xantar popular con castañas asadas, chourizos e preadas. Todo isto acompañado de música tradicional executada polo noso alumnado. Longa vida ao Magosto!

     GALERÍA FOTOGRÁFICA

                                    

OS BRETÓNS INICIAN O INTERCAMBIO 13-14

     Como cada ano polo mes de novembro o alumnado procedente do collège Victor Segalen de Châteaugiron (Bretaña, Francia) chegou o día 7 a tres centros de ensino secundario de Vilagarcía que participan nesta experiencia de inmersión lingüística total que xa dura 11 anos: o IES Bouza Brey, o IES Armando Cotarelo Valledor e por suposto o noso IES Miguel Ángel González Estévez.

     Nesta ocasión todo o intercambio está artellado arredor dun tema común: a artesanía. Entre unha chea de actividades e de visitas programadas podemos destacar a visita dos bretóns ao obradoiro de gaitas Seivane ou a viaxe conxunta do alumnado galego e bretón a Santiago na que puideron traballar nun obradoiro de acibeche e outro de zocas creativas. Unha verdadeira delicia! 

     Como colofón desta primeira parte do intercambio, o venres 15 de novembro plantaron no patio do instituto de Carril un camelio traído de Bretaña que ten a súa parella correspondente no patio do collège Victor Segalen de Châteaugiron. Finalmente todos os participantes estiveron na festa do Magosto no instituto de Carril. As parellas formadas por bretóns e galegos fixeron equipos nos xogos tradicionais, asitiron á sesión de música e bailes tradicionais e participaron no xantar con bolos preñados e castañas asadas.  

Esta emocionante xornada rematou coa volta a casa do alumnado bretón. Todos, bretón e galegos, agardan impacientes a segunda parte do intercambio que terá lugar en Bretaña no mes de abril do ano que ven.

GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut