Skip to Content

ACTO DE RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA DOS MELLORES EXPEDIENTES DA ABAU NA USC

Versión para impresoraVersión para impresora

Informamos de que a Universidade de Santiago de Compostela recoñecerá esta tarde a excelencia do alumnado galego que acadou unha nota de acceso á universidade de 9 puntos ou máis.

 

Comprácenos comunicar que o instituto de Carril conta con dúas alumnas e un alumno que se atopan neste grupo de excelencia. Queremos expresarlles dende aquí os nosos máis sinceiros parabéns e facer constar o orgullo que isto supón para o noso Centro.

 

O acto de recoñecemento terá lugar no Salón Nobre de Fonseca da USC ás 17:00h. As circunstancias sanitarias actuais non permiten facer unha celebración multitudinaria pero está previsto que poida seguirse en directo a partir das 17h a través da canle de Youtube da USC:

 

Un saúdo,

     A Dirección.



story | by Dr. Radut