Skip to Content

EDLG

COMEZAN AS FOLIADAS!

Hoxe martes, 7 de outubro, celebramos a foliada de outono no instituto. Todo o mundo pode participar. Estamos na entrada principal á hora do xantar. Teremos, pois, comida, bebida, música e baile.

 

FOLIADA DE OUTONO

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO DE GALEGO CO IES Nº1 DE ORDES

O luns 28 de abril o alumnado de  3ºESO do IES Nº1 de Ordes e o de Carril fixeron unha xornada de convivencia. O fío condutor desta xornada foi a lingua galega e os rapaces puideron escoitar en vivo e en directo unha variante do galego diferente á súa.

O grupo de Carril saíu da estación de Renfe de Vilagarcía arredor das 8 h. da mañá. Despois das presentacións, o alumando dos dous centros educativos comezou un percorrido polas principais rúas e lugares significativos do centro da vila. A iso das 11h da mañá iniciaron todos xuntos o roteiro do río Mercurín duns 15 quilómetros de longo. Ao rematar o roteiro, foron todos xuntos  ata o instituto onde os alumnos de Ordes amosaron aos de Carril as súas instalacións e remataron o intercambio facendo un visionado das fotos da xornada.

Podedes ver algunhas das imaxes da xornada visitando a galería de fotos.

VER GALERÍA DE FOTOS

FOLIADA DE MARZO

(Clic na imaxe para ampliar)

FOLIADA DE MARZO

ENTROIDO 2014

Este Entroido veu cargado dunha actividade febril. O tema central deste ano foron as revolucións. O alumnado traballou arreo para gañar nos diferentes concursos.

GALERÍA DE FOTOS

Facendo clic nas ligazóns ou nas imaxes podedes ver as máscaras gañadoras, os disfraces e as comparsas que levaron premio, as bases do concurso de sobremesas ou os cartaces deste Entroido. Máis abaixo hai algún vídeo-resumo  para ver o ambiente de festa.

 

PREMIOS

1º premio
Sara Vázquez
(2ºESO C)
 Filloas con  marmelo
2º premio
Brais Agrasar
(1ºESO C)
 Tarta de queixo
3º premio
Antía Maneiro
(4ºPDC)
 Filloas de Entroido
Accesit
Noa Sánchez
(1ºESO A)
 Filloas
     
  • CONCURSO DE CARETAS  

1º premio
 Isaac e Samuel
(4ºESO A)
 VER
2º premio
 Paola Agrasar
(3º PDC)
 VER
3º premio
 Brais Agrasar
(1ºESO C)
 VER
     
  • CONCURSO DE DISFRACES  

Individual
 Jocker
(Xoan Teixeiro)
 VER
Parella
 ONU
(Marta Carro e ...)
 VER
Baile
 O nadador
(TSAAFD)
 VER
     
  • ACTUACIÓNS DE GRUPO  

1º premio
Revolucións Históricas
(1ºBACH A-B-C)
VER VÍDEO
MÁIS ABAIXO
2º premio
Revolución musical  
(1ºBACH C )
3º premio
Grandes inventos
(4ºESO A-B)

 VÍDEOS DA FESTA

1) TSAAFD

2) Comparsas

  • 1º premio

  • Outros participantes

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase en toda Galicia o día de Rosalía. Ela naceu o 24 de febreiro de 1837 e dedicou o seu xenio literario a escribir sobre todo poesía en galego ainda que ten obras en castelán e cultivou tamén o xénero novelístico. Foi unha muller adiantada ao seu tempo.

O noso alumnado celebrou esta data con recitados colectivos ou escoitando os seus poemas en voces moi coñecidas. Nestes vídeos tendes varios exemplos.

 

 

AMOR EN CATRO LINGUAS 2014

Un ano máis celebramos a festa dos namorados cun concurso. O premio paga a pena. Participade!

BASES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 

 (Para descargar as bases en PDF clic na imaxe)

1.- Escribe a túa carta de amor (amor de parella, amor de amigos, amor de familia...) en calquera das catro linguas que se imparten no centro: galego, castelán, francés ou inglés.

2.- O xurado valorará o contido, a corrección na lingua empregada e a presentación.

3.- Haberá dúas modalidades en cada lingua (E.S.O. e Bacharelato e Ciclo) cun premio por lingua.

4.- Os premios consistirán en entradas de cine.

5.-As cartas non irán asinadas e acompañaranse dun sobre pechado cun alcume. Dentro figurarán os datos persoais: nome, apelido, curso e alcume. 

6.- As cartas deixaranse en conserxería ata o venres 14 de febreiro.

7.- O fallo do xurado comunicarase durante a festa do Entroido.

FOLIADA DE FEBREIRO

Este martes celebrouse unha nova edición das Foliadas de Carril. Botade unha ollada a estas imaxes da festa. Unha ledicia!  

GALERÍA DE FOTOS       

MAGOSTO 2013

 Chegou o tempo da castañas e con elas chegou o Magosto. Para celebrar este evento tivemos varias actividades durante toda esta semana como por exemplo a charla “Falamos do Magosto”, unha exposición de cogomelos no 1º andar ou a proxección dun audiovisual titulado:“Tempo de outono”.

Deronse tres premios do concurso convocado no Samaín de cabazas decoradas:

  1. Nerea Barreiro (1ºC): cabaza-morcego.
  2. Aarón López (2ºA): cabaza-matrioska
  3. Raquel Maneiro e Melissa García Rey (2ºC): cabaza comendo unha mazá 

 Ademais celebramos unha nova edición do Concurso de Receitas de Cociña do Magosto elaboradas con algun produto de tempada (castañas, cogomelos, noces...). Entre todas as receitas destacaron dúas: a de "volovanes de cogomelos"(salgada)de Araceli Castrelo (2ºB) quedou en 2º lugar mentres que a receita gañadora foi a da "tarta de queixo e castañas" (doce) presentada por Sara Vázquez (2ºC)

     E o venres 15 de novembro, a partires do 1º recreo celebramos a festa propiamente dita. No programa había xogos tradicionais, actividades deportivas  e un xantar popular con castañas asadas, chourizos e preadas. Todo isto acompañado de música tradicional executada polo noso alumnado. Longa vida ao Magosto!

     GALERÍA FOTOGRÁFICA

                                    

O SAMAÍN VOLVEU A CARRIL

Todos os anos polo Samaín, a axenda do instituto está cargada de actividades destinadas a coñecer mellor e a disfrutar esta festa tradicional tanto de Galiza como doutros países celtas.

Tivemos coma sempre unha exposición de cabazas decoradas polo alumnado que puidemos admirar durante toda esta semana no primeiro andar.

Ademáis, como sabemos que ao alumnado de 1ºESO gustalle moito pasar medo o martes 29 asistiron á escenificación de “Romeiros do Alén, lendas de morte” rodeados dun ambiente de misterio na nosa biblioteca, Bibliomalveiras. Podes escoitar aquí algunha desas historias.

E para que souberan máis sobre a festa dos mortos, o mércores, Ramón Brea, coordinador do equipo de Dinamización, presentoulles un audiovisual titulado “A festa do Samaín”.

Pola súa banda o alumnado de 4ºESO ampliou coñecementos sobre esta festa dende unha perspectiva internacional grazas ao audiovisual titulado “Halloween nos EE.UU”. 

VER GALERÍA DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut