Xa entregamos os premios do concurso de cartas de amor e amizade Amor en seis linguas. O nivel das misivas participantes no concurso foi alto. Podedes ler aquí as cartas selecionadas que levaron un premio pola súa redacción, polo ben que transmiten os sentimentos ou pola súa orixinalidade. Para lelas preme nas imaxes. Tamén podes ver as fotos da entrega de premios.
Como cada ano por estas datas quedan convocados os concursos de sobremesas de entroido e o concurso de cartas de amor que agora xa non é en catro linguas senón en seis: Castelán, Francés, Galego, Grego, Inglés e Latín. Nas bases que quedan aquí publicadas está todo o que debes ter en conta para poder participar e gañar nestes certames.
Esta simpática compañía interpretou de marabilla esta adaptación teatral dun conto infantil moi coñecido de Casares que a pesares da súa simplicidade déixanos unha mensaxe ben clara: non hai que discriminar a ninguén pola súa lingua por minoritaria que sexa do mesmo xeito que a galiña cantaba "cocorocó" e non "quiquiriquí".
Esta actividade está enmarcada no mes das Letras Galegas e é unha homenaxe do noso alumnado máis novo a Carlos Casares. Aquí podedes ver a representación que dura escasamente 9 minutos.
Este é o programa que entregaron a todos os asistentes ao acto:
Este ano tivemos uns maios diferentes no noso instituto. No canto do precioso e tradicional maio que adoitaba facer Pilar Conde co seu alumnado, este ano tivemos concurso: as clases de 1º e 2º ESO adornaron as súas clases con flores, xestas, pampullos, froitos e ovos. E quedaron lindas de verdade. E senón mirade estas imaxes...
(Fai clic nas imaxes para amplialas)
XA CHEGOU O ANTROIDO
Este ano imos lembrar esta festa tan querida e celebrada no instituto ao longo de 30 anos a través das moitas caras que os disfraces lle permitiron “ao profesor ben enrollado” Manuel Chouza. Este é o seu derradeiro Antroido escolar.
Foron moitas as preparacións, as risas ao discurrir de que nos iamos disfrazar, a troula co alumnado e entre nós, as laconadas e os cocidos. Chou sempre participou activamente en charlas, disfraces, xurados, portando.... e comendo. Para el o noso cariño e as risas que imos botar á súa conta vendo estas fotografías.
Viva o Antroido 2017!
Xela
Un grupo de rapazas de 1ºBacharelato deron o pistoletazo de saída do Entroido dando unha charla ao alumnado de 1ºESO na que explicaron perfectamente as orixes, o significado e as diferentes formas de celebrar o Entroido. (Fai clic na imaxe para agrandala)
O día da festa todo o mundo participou. Facendo clic na tira de imaxes que está aquí abaixo podes ver a galería de fotos da festa.
Este ano o TSAAFD deunos tamén unha sorpresa moi agradable:
Ademáis de moita troula tamén houbo concursos e entregas de premios varios.
Este Nadal tivemos unha gran foliada aberta á participación de todo o mundo que quixo tocar, bailar e cantar ou simplemente disfrutar do ambiente festivo. Se alguén era gaiteiro, podía traer a gaita. Tamén podíase tocar a caixa, a pandeireta ou o pandeiro. Podíase bailar con zocas ou descalzos. Podíase cantar fino ou cantar gordo. Todo valeu nesta super festa tradicional para todos os públicos.
Velaí algunhas fotos do evento. Fai clic nas imaxes para amplialas.
Este ano tivemos un Magosto máis ben movidiño e moi divertido. Celebramos a festa en media xornada do venres 11 de novembro, día do San Martiño. Segundo reza o programa que podedes ver aquí á esquerda (clic na imaxe para ampliar), tivemos unha charla dirixida ao alumnado de 1ºESO a cargo dun grupo de alumnas de 1ºBacharelato. Uns días antes unhas alumnas tamén de 1º Bacharelato presentaron diante dos compañeiros e compañeiras de 1ºESO a orixe e o significado da celebración do Samaín no país galego.
Máis tarde o alumnado do ciclo superior invitounos a todos a bailar nun flashmob e nun móvete dance a toda marcha.
Despois e como xa é tradicional no noso instituto, tivemos unha degustación de bolos preñados con chourizo e castañas asadas polos nosos profes Miguel Barros, "O Mestre", X.M. Longo,o profe de Tecnoloxía e por Manolo, o noso ex-director e profesor de Matemáticas xa xubilado. Amenizou a festa un grupo de música tradicional composto por rapazas e rapaces que forman parte de asociacións de música e baile tradicionais e que se xuntaron para esta ocasión.
A víspera do día das Letras Galegas un numeroso grupo formado por alumnado, persoal non docente e persoal docente xuntaron as súas voces para cantar un poema de Manuel María versionado polo mítico grupo galego Fuxan os Ventos. O poema titúlase O Carro. Velaí o resultado:
Ademais o alumnado de 1º Bacharelato quixo sumarse a esta homenaxe cunha divertida performance baseada no poema Breve manual para deprender para señorito de Manuel María nunha versión cantada por María Manuela (1978).