Skip to Content

EDLG

CALENDARIO "12 MESES 12 LOITAS"

O noso instituto do Carril ten como obxectivo educar no sentido máis amplo da palabra. Este curso , o noso alumnado demostrou unha vez máis as súas dotes artísticas elaborando este magnífico calendario no que representan graficamente 12 loitas sociais dos nosos tempos. Aquí podedes ver unhas imaxes das autoras e do autor.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NAS SEMANAS DAS CIENCIAS

Para ver o album de fotos da actividade preme na imaxe

No marco das actividades das Semanas das Ciencias en Galego o alumnado de ciclo, guiado polo profesor Luis Garrigós, levou a cabo unha actividade co alumnado de 2ºBAC A. Cunha máquina obtiñan diversos datos relacionados co IMC, peso dos ósos, grasa corporal... Velí a actividade descrita en detalle:

PRÁCTICA CO APARELLO DE BIOIMPEDANCIA PARA ALUMNOS DE 2º BTO

O pasado 17 de decembro o alumnado do ciclo TSAF da área do módulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes realizou unhas medicións co aparello de bioimpedancia ao alumnado de 2º BTO.
 A bioimpedancia é unha proba que analiza a composición corporal, indicando a cantidade de músculo, óso e graxa. Esta verificación  realízase mediante balanzas especiais, neste caso coa Tanita BC-602, que teñen  placas metálicas que conducen un tipo de corrente eléctrica débil que atravesa todo o corpo.
Estes aparellos, ademais de mostrar o peso actual e o IMC (Índice de Masa Corporal), ofrecen valores relativos á masa de graxa corporal, brazos e pernas, masa magra, masa muscular, hidratación, densidade ósea, graxa visceral e taxa de metabolismo basal.
Esta práctica finalizou coas probas de dinamometría manual co dinamómetro hidráulico manual Baseline LITE 200Ib e unha medición individual do contorno abdominal cunha cinta métrica antropométrica.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: PASAPALABRA EN 1ºESO E 2ºESO

Con motivo do mes da ciencia realizamos uns pasapalabras multidisciplinares entre o alumnado de 1º ESO e 2ºESO. Aínda que a competición foi moi, moi disputada, os grupos gañadores foron 1ºESO A e 2º ESO B.

Premendo aquí abaixo poderás ver as fotos do concurso e máis dos agasallos (un trofeo e máis unha bolsa de bombóns).

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: RECREOS DINÁMICOS

Para ver o álbum de fotos da actividade fai clic aquí

O martes 14 e o xoves 16 de decembro realizamos nos recreos na biblio distintas actividades:

  • adiviñas
  • crebacabezas especiais
  • tangrams
  • pentaminós
  • xogos de criptografía
  • dominós...

...para desenvolver a intelixencia exercitando as nosas habilidades.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: EXPOSICIÓNS

Houbo varias exposicións polo instituto con motivo das Semanas da Ciencia en Galego:

  • Presentación do mes da Ciencia en Galego co manifesto e máis as biografías de Tarsy Carballas e Alan Turing.
  • Exposición de mulleres que co seu traballo, esforzo e talento destacaron nas distintas disciplinas.
Para ver as exposicións fai clic nas imaxes

SEMANAS DA CIENCIA: CONCURSO "QUEN INVENTOU QUE ?"

Con motivo das semanas das ciencias no instituto do Carril, comezaron unha serie de actividades arredor das ciencia como esta que nos ocupa. No encerado que hai fóra da biblioteca había 24 láminas de inventos e 24 láminas das persoas que os inventaron. O concurso consistía en unir cada invento coa persoa que o materializou.

Alumnado premiado:

  • Primeiro premio:
    • Xiyao Hu Zhu (2ºESO A)
  • Segundo premio:
    • Mariña Alonso Beloso (2ºESO B)
    • Mar Ameneiro Franco (2ºESO B)
    • Sara Lago López ( 4ºESO B)
    • Marta López Rial (2ºESO B)

Para ver o album de fotos do concurso fai clic na imaxe

 

GAÑADORAS DO CONCURSO DE POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O Departamento de Lingua Galega (a través da profesora María Roma), o EDLG e o equipo de igualdade fixeron un pequeno concurso de poesía entre o alumnado de 2ºESO. As tres rapazas gañadoras leron os seus poemas no acto celebrado no recreo este día 25 de novembro.

As gañadoras foron:

  • Emma Durán Rodríguez 2ºESOA
  • Mariña Alonso Beloso 2ºESOB
  • Gaila González Pillado 2ºESOB
Para ler as cartas e ver as fotos fai clic nas imaxes

SAMAÍN 2021

Este Samaín 2021 foi moi movido. Como podedes ver nesta galería de fotos, as cabazas presentadas ao concurso daban arrepíos. Contáronse contos de medo e ate a Santa Compaña veu acompañarnos. E por se iso fora pouco tivemos tamén unhas coreografías moi chulas do alumnado do Ciclo Superior apoiado pola súa profesora Marta. Para rematar cabazas e contos tiveron tamén os seus premios. E se non me credes, mirade: 

Ver todas as cabazas
A Santa Compaña en Carril

  

 

ENTREGA DE PREMIOS

Para ver todas as fotos da entrega de premios fai clic aquí

Gañadores concurso de cabazas:
-María Rial Rodríguez 1ºESOB
-Laila Fernández Otero 1ºESO A
-Sara Vilas Arca 1ºESO C

Gañadores concurso de relatos (primeiros premios):
-Adrián García Rey 1ºESOA
-Iria Torres Loureiro 2ºESO B
-Aroa Castro Duro 4ºESO C
-Uxía Pereira Viqueira 4ºESOA
-Xacobe Fresco García 1ºESO B

Gañadores concurso de relatos (segundos premios):
- Caio Rodríguez Gómez 1ºESOB
- Mauricio José Guldrís Peña 1ºESO C

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

A Asociación O.R.A.L. de Galicia, financiada pola Deputación de Pontevedra, levou a cabo un obradoiro de regueifas no noso instituto os días 19 e 26 de outubro. Foi unha actividade coordinada entre o departamento de Música e o EDLG para o alumnado de 2ºESO. 
A monitora encargada deulles unhas mínimas bases teóricas para logo empezar a compoñer as súas regueifas. Primeiro usaron papel e lápiz e máis unhas certas indicacións, para logo terminar regueifando de cabeza e sen pista algunha.

Galería de imaxes da actividade

SAMAÍN 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut