Skip to Content

EDLG

SAMAÍN 2022

1. Concurso de cabazas.
Aquí vos deixamos as cabazas participantes no concurso deste ano. Que traballazo por parte da nosa rapazada!



2. Actividade co Club de Lectura.
O venres 28 de Outubro estivemos aprendendo cousiñas da tradición galega, moi relacionadas coa celebración do Samaín, en compañía dos membros do Club de Lectura.



3. Disfraces e clases decoradas.
Aquí tedes á clase de 3ºESO A decorando a súa aula e máis a un grupiño de alumn@s que se animou a vir disfrazado polo Samaín.

 

 

AS FOLIADAS DOS MARTES NO IES O CARRIL

O martes 4 de Outubro deron comezo as foliadas deste primeiro trimestre. Aquí vos deixamos uns vídeos que amosan, non só o ben que o pasamos, senón tamén a pedazo canteira que temos no noso instituto!!

CALENDARIO 2023

Queremos facer un calendario anual e necesitamos da vosa axuda. Dende o EDLG animámosvos a facer un debuxo que acompañe a cada mes do ano. Como vedes no cartel, o tema deste ano é Que bonito é vivir ao pé da ría de Arousa! O debuxo deberá facerse en horizontal e a data de entrega será o 30 de Novembro.

SAMAÍN: CONCURSO DE CABAZAS

Deixade a cabaza acompañada dun papeliño co voso nome e curso.

NOVA ACTIVIDADE ! VOLVEN AS FOLIADAS !

Traede comida para xantar todos xuntos antes de comezar a bailar, cantar e tocar a pandereta ata que comecen as clases da tarde! 

Os/as que estedes interesad@s avisade a algún membro do equipo de dinamización.

Se vos gusta a música tradicional, non o dubidedes, animádevos a asistir!!

 

XINCANA 2ºESO

Para rematar o curso, o martes 22 de xuño o alumnado de 2ºESO realizou unha xincana feita polo EDLG, o Departamento de Educación Física e o Departamento de Matemáticas.
As probas que resolveron combinaban exercicios físicos e problemas sinxeliños de matemáticas. O obxectivo era conseguir os números que abrirían a caixa que gardaba o segredo pitagórico.
Que ben o pasaron!!

Para agrandar as fotos, prémeas
     
   

RECIBIMOS A VISITA DE XABIER DÍAZ

O alumnado do IES O Carril recibiu esta mañá a visita do músico Xabier Díaz. O cantante e pandeireteiro, que vén de publicar o disco “Levantarse e caer”, aproveitou o encontro para facer unha reflexión sobre o paradigma do éxito, animando á adolescencia carrilexa a optar por vías ilusionantes e a perserverar no que realmente lles gusta.

No patio, nun ambiente de total intimidade e sen ningún tipo de amplificación, Xabier Díaz cantou para o alumnado do Carril e presentou os seus instrumentos de percusión tradicional predilectos: a pandeireta, a pandeira e o pandeiro cadrado; considerados moitas veces como intrumentos menores e que ofrecen, porén, un amplo abano de recursos de timbres e ritmos a quen os domina. Entre copla e copla, o artista reivindicou o valor do papel das mulleres como conservadoras e transmisoras da lírica tradicional galega.

Un grupo de alumnas e alumnos quixo sorprender a Xabier Díaz cantando con el a "Muiñeira de Limiñoa", e deste xeito animar ao resto a achegarse á música tradicional.

Foi unha mañá ben enriquecedora que deixou, con certeza, a súa semente en todas e todos.

Para ver o album de fotos, clic aquí

 

 

 

ALDAOLADO VISITOU O INSTITUTO DO CARRIL

O mércores 15 de xuño estiveron no noso centro María Lado e Lucía Aldao, máis coñecidas como "Aldaolado", presentando a súa función "O Benquerer (se)". Mesturaron a música, a poesía, as historias propias e o humor para reflexionar sobre o concepto de amor romántico e a importancia de quererse a un mesmo.

Ver álbum de fotos

XOGOS POPULARES PARA O ALUMNADO DA ESO

A semana do 6 xuño, o alumnado de 1ºESO a 4ºESO contou con dúas sesións (por clase) para desfrutar e divertirse cos xogos tradicionais colocados nun dos pavillóns do noso centro. Xogaron, aprenderon e coñeceron os distintos xogos alí expostos.

Para ver o album fai clic na imaxe
Álbum: DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA -> Xogos tradicionais na ESO

RUTA DOS FAROS PARA O ALUMNADO DO CICLO E O DE 4ºESO

O martes día 3 de maio, o alumnado de 4º da ESO e máis o de 1º do ciclo técnico superior de AF realizaron parte dunha das rutas dos faros, a que vai dende Laxe a Camelle.

Unha ruta de aproximadamente 16 km para desfrutar da natureza e das fermosas vistas que temos nas nosas costas! Bonita experiencia!

Ademais toda a rapazada foi quen de realizar todo o percorrido!

Ver o album de fotos da xornada
 
Distribuir contido


by Dr. Radut