Skip to Content

EDLG

ENTROIDO 2023

Preme na imaxe para agrandala

CALENDARIO 2023

Xa chegou, xa está aquí o noso calendario para este ano 2023! O tema é: Que bonito é vivir ao pé da Ría de Arousa!
Moitísimas grazas ao Departamento de Debuxo, por colaborar con nós un ano máis na realización do calendario, e ao alumnado que fixo os debuxos do mesmo. Que artistas sodes!! Marabilla!

 

Preme nas imaxes para agrandalas

COMPARTE AS TÚAS LECTURAS

Animádevos a escribir unha pequena reseña en galego sobre aqueles libros da biblioteca do centro que lerades, ou vaiades ler, e que vos gustasen. Para isto, atoparedes papeliños de cores na mesma. Entre tod@s temos que dinamizar a nosa biblio!

AS FOLIADAS DO 2º TRIMESTRE

CONCURSO-MARATÓN FOTOGRÁFICO EN COMPOSTELA

Esta fermosa fotografía de Gaila González Pillado vén de gañar o premio "IES O CARRIL" do concurso-maratón fotográfico no que participou o alumnado de 3°ESO o pasado 22 de novembro na visita a Santiago de Compostela. Moitos parabéns, Gaila!!!

CONTACONTOS

O 21 de Decembro celebrouse na biblioteca un concurso de contacontos entre o alumnado de 1ºESO, coa intervención especial das profes de galego, que tamén se animaron a participar contando dous contos que nos mantiveron a todos os presentes ben atentos!
Tanto desfrutamos cos contos dos participantes e tan ben o fixeron, que o xurado, formado por un grupiño de alumn@s do Club de Lectura, o tivo moi difícil para dar os premios!
Graciñas a todos por participar, tanto ao alumnado que se animou a contar un conto, coma aos presentadores e ao xurado!

TORNEO DE DACHBALL

Para rematar ben o trimestre, o 22 de Decembro a partir das 12:35 realizouse un torneo de Datchball no que participou tanto o alumnado como o profesorado. Que ben o pasamos! Haberá que repetir no segundo trimestre con outro deporte. Asegurámosvos que os profes volveremos ir por todas!!

AS FOLIADAS DO 1º TRIMESTRE

Os martes 8 de Novembro e 20 de Decembro houbo foliada no noso instituto. Que ben o pasamos sempre e que canteira tan marabillosa temos!! Graciñas a tod@s por participar e animarvos a compartir un ratiño xuntos!

 

MAGOSTO 2022

O día 11 de Novembro a partir das 12:35 celebrouse no instituto o noso tan querido Magosto. Houbo castañas, bolos preñados e festa, moita festa. Para o ano teremos que repetir, non si?
O EDLG aproveitou tamén para dar os agasallos ás cabazas premiadas no concurso do Samaín! Noraboa a tod@s!

OBRADOIRO DE REGUEIFAS 2022

Os días 26 de Outubro e 11 de Novembro, o alumnado de 4ºESO participou na biblioteca do centro nun Obradoiro de Regueifas, organizado pola Asociación O.R.A.L de Galicia e financiado pola Deputación de Pontevedra, da man de Guadalupe Blanco.
Que ben o pasaron. Moitísimas grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut