Skip to Content

2014-15

CURSO DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR EN CARRIL

O alumnado de TSAAFD (Técnico en Animación de Actividades Físico-Deportivas) recibiu un curso de RCP (Reanimación cardiopulmonar) por parte do persoal do Hospital do Salnés, no cadro da súa formación académica. (Para ler a nova, fai clic no xornal)

(Fotografía: Noé Parga. O Faro de Vigo)

PARTICIPAMOS NO IV TORNEO PANOS BRANCOS

Un ano máis a rapazada do noso instituto participou nunha inicitiva da  Fundación Galega contra o Narcotráfico, este ano en colaboración co Concello de Boiro: o IV Torneo Intercidades Panos Brancos. Celebrouse o venres 27 de febreiro de 2015 e un grupo de alumnas e alumnos de 1ºESO e 2ºESO xogaron na final e acadaron o 5º posto. Podedes ver nestas fotos aos membros do equipo amosando orgullosos o seu diploma. Tamén podedes ler a nova no Canal Rías Baixas.

(Para ampliar clic nas fotos)

 

 

O ALUMNADO DE MÚSICA ASISTE A"O LAGO DOS CISNES"

(Clic nas imaxes para ampliar)

Para rematar un mes cheo de actividades musicáis, despois das fabulosas actuacións do Entroido do instituto, os alumnos de 4ºEso e 1ºBto que cursan as optativas de música, xunto cos alumnos de Bacharelato de Artes escénicas, Música e Danza viaxaron ata A Coruña o 27 de febreiro para disfrutar da representación do Lago dos Cisnes de P.I. Tchaikovsky, un ballet estrenado no teatro Bolshoi de Moscú no ano 1858 e que nesta ocasión foi interpretado pola Sinfónica de Galicia e o Centro Coreográfico Galego. Despois do ballet completaron a viaxe visitando a Domus e o Acuario Finisterrae.

Susana Suárez

ENTROIDO 2015

 
 
 

     Como non podía ser doutro xeito, este ano a festa do Entroido estivo chea de dinamismo e de cor no instituto de Carril. O tema de inspiración para esta edición foi o das viaxes polo mundo. Tivemos clase ás dúas primeiras horas e despois fixemos festa rachada ata as 14h35. E que fixemos tantas horas? Pois un pouco de todo, dende concursos ata bailar , cantar e rir.

Para comezar podemos ver unha colección de fotos dos choqueiros que iremos ampliando a medida que nos vaian chegando e tamén algún pequeno vídeo.

VER GALERÍA DE FOTOS

CONFERENCIA: AS VARIACIÓNS NAS LINGUAS

Onte tivemos a oportunidade de aprendermos algo máis sobre o funcionamento das linguas como instrumento de comunicación ligado intimamente ao seu uso en sociedade. Foi o profesor Xulio Sousa, membro do Departamento de Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto da Lingua Galega, quen nos achegou unha valiosa e anovadora perspectiva sobre a necesidade do cambio e da variación dentro das linguas para que estas cumpran adecuadamente a súa función de ferramenta de comunicación. Mentres que en gran parte da sociedade os cambios na norma son percividos como unha eiva, unha molestia, grazas á conferencia do noso convidado descubrimos que as únicas linguas que non mudan son as mortas, coma o latín. A partir de agora, cada vez que leamos no xornal ou escoitemos pola televisión que unha nova reforma foi levada a cabo no castelán ou no galego, saberemos que iso se debe a que gozan de moi boa saúde.

María Vilasó (14 de xaneiro de 2015)

NADAL SOLIDARIO 2014

O venres 12 de decembro ao longo da mañá alumnado e persoal do centro depositaron na entrada principal  productos destinados ao banco de alimentos. Grazas a todo o mundo por contribuir a que outras persoas poidan pasar un Nadal mellor.

DIARIO DA VIAXE A LONDRES 2014

DESCARGAR CARTAZ  (imaxes e comentarios)             VER GALERÍA DE FOTOS

A VIAXE XORNADA A XORNADA

MARTES,  24

 1º Destino: Aereoporto Coruña / Heathrow : un autobús trasladounos ao aereoporto da Coruña e logo de facturar, comer e recibir a nosa primeira lección de Historia embarcamos entre risos  e berros ¡ para algúns era o su primeiro vóo!,

      Ás  15:10 despegamos, dúas horas máis tarde aterramos en Heathrow .Nos, ansiosos e cadrou hora punta! chegamos ao hotel Royal National. Tras o reparto de habitacións e reconto de alumnos saímos coñecer a cidade

 

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Celebradas as eleccións e renovados parcialmente os membros do Consello Escolar, este é a súa composición definitiva para o ano escolar 2014-15.

Sector Nome
Equipo directivo
Fco. Manuel Rodríguez Mayo
Ana Barral Martínez
Juan Antonio Mariño Ayaso
Profesorado
Luís García Sanz
Esther Dasilva Fernández
Xosé Artiaga Barreira
Juliana Dios Barreiro
Alumnado
 
Carolina Conde Correa
Juan Sebastián Rengifo Caicedo
Nais e pais
Tania Vidal Álvarez
Mónica Gago Bellas
Persoal non docente
Rosa Davila González
Concello
Manuel Méndez Varela 
ANPA
(Sen representación)

O TSAAFD PRACTICA O SALVAMENTO ACUÁTICO

O alumnado de 2º curso do ciclo superior foI o martes 28 de outubro á praia do Preguntoiro, en Vilaxoán para facer unhas prácticas de socorrismo. Podedes ver a continuación un magnífico vídeo resumo realizado por Protección Civil, as fotos da xornada e ler a nova en dous xornais.

VER EN FOTOS

 

   

(Preme nos xornais para ler a nova)  

O ALUMNADO DE MÚSICA NO CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Un grupo de 14 alumnas e alumnos de Artes Escénicas, Música e Danza do noso centro educativo, realizaron o venres día 18 unha performance  no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela coa súa obra “Cactus Workestra” dentro das xornadas de música contemporánea que se celebraron ao longo da fin de semana. Podedes Ler a nova no sitio web do CGAC. Tamén podedes ver un resumo da actividade neste vídeo.


Para completar esta experiencia, o luns, 20 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza, participou na Master Class “Uovisionamento e intervençao plastisonora”, impartida polo artista de Viana do Castelo, Joao Ricardo de Barros Oliveira, na biblioteca deste Instituto.

O artista Joao Ricardo de Barros Oliveira estivo presente en festivais internacionais de música, traballou en obradoiros cos nenos e maiores, na construción de instrumentos a partir de materiais de lixo. Ademais presentou a súa música na radio e televisión en Noruega, Portugal, España, Alemania e EEUU. É un artista polifacético que compuxo música para películas nas que tamén actuou.
Distribuir contido


by Dr. Radut