Skip to Content

DIARIO DA VIAXE A LONDRES 2014

Versión para impresoraVersión para impresora

DESCARGAR CARTAZ  (imaxes e comentarios)             VER GALERÍA DE FOTOS

A VIAXE XORNADA A XORNADA

MARTES,  24

 1º Destino: Aereoporto Coruña / Heathrow : un autobús trasladounos ao aereoporto da Coruña e logo de facturar, comer e recibir a nosa primeira lección de Historia embarcamos entre risos  e berros ¡ para algúns era o su primeiro vóo!,

      Ás  15:10 despegamos, dúas horas máis tarde aterramos en Heathrow .Nos, ansiosos e cadrou hora punta! chegamos ao hotel Royal National. Tras o reparto de habitacións e reconto de alumnos saímos coñecer a cidade

 

 

2ª Destino: Picadilly Circus: Encamiñámonos por   Shaftesbury Avenue . Logo da  habitual lección de Historia e da sesión de fotos na fonte piramidal adicada a Eros comenzabamos a facer as nosas primeiras compras. En inglés!.

 

 

3ª Destino: Hotel Royal National: as 21:30 voltamos  contentos  ao hotel  a través de Leicester Square e  Charing Cross.

 

MÉRCORES, 25.  Londres a pé

1º Destino: Mercado de Camden Town: aínda que era cedo e moitos postos estaban abrindo, compramos tantas cousas que  cumpriu parar no hotel para liberarnos.

 

 

2º Destino: Trafalgar Square e National Gallery: explicado o significado da batalla de Trafalgar e o monumento a Nelson visitamos a “National Gallery” onde admiramos as obras de Leonardo, Van Gogh… que nos criamos que só existían nos libros.

 

3º Destino: Big-Beng, Buckingham Palace sentados nas escaleiras de Trafalgar Square comemos contemplando o Big-Ben ao que chegamos a través da  avenida de Whitehall na que vimos o cambio da garda a cabalo na Horse Guards e a residencia do primeiro ministro en Downing Street. Logo de admirar as Houses of Parlament  e descansar diante da Westminster Abbey, atravesamos o  parque de St. James´s para ir a Buckingham Palace. Lástima a Raíña non nos puido recibir…

 

 

 

3º Destino: Covent Garden e musical “Charly y la fábrica de chocolate: Por The Mall e Trafalgar Square chegamos ao Covent Garden onde puidemos descansar e gozar coas actuacións na rúa antes de asistir ao musical. Ao rematar cansos pero abraiados, voltamos ao hotel.

 

XOVES, 27.  Londres underground:

 

1º Destino  Notting Hill  e Portobello : fomos en metro dende a estación de Totenham Court ata Notting Hill para, como un turista máis, visitar  o mercado de Portobello e pasear polas suas rúas,  célebres polo seu carnaval de agosto e pola película “Notting Hill“ protagonizada por Julia Roberts e Hugh Grant.

 

2º Destino: Natural History Museum:  atravesamos  Hyde Park, sesión de fotos diante do pazo de Kensington, contemplamos a fachada  do  Royal Albert Hall  e do Victoria and Albert Museum e visitamos o Natural History Museum  onde Paquita  fixo de guía  no só para explicarnos todo o que iamos vendo senón para conducirnos polas diferentes salas: mamíferos, dinosaurios…

 

 Destino: Knightsbrigde:  chegamos en metro e logo de comer nun Mac Donals entramos nos célebres almacéns Harrods  para visitar as súas  seccións de alimentación e seguir facendo compras.

 

Destino: Regent, Carnaby e Oxford Street:  de novo en metro ata Picadilly Circus onde comenzamos o noso paseo polas rúas máis comerciais  de Londres nas que visitamos a  Hamley Toy Shop, Primark…

 

VENRES, 28. Londres en barco.

 

Destino: Greenwich: Demos un fermoso paseo pola evolución da arquitectura londinense vista dende o Támesis : a zona denominada “Canary Wharf”, antigos peiraos das Indias Orientais, cos  seus rañaceos, o concello de Londres... Xa en Greenwich vimos o velero Cutty Sark, o Royal Naval College… e  subimos ao Royal Observatory por onde pasa o meridiano 0º.

 

Destino: Tower of London : desembarcamos diante da Tower pero tivemos que conformarnos con vela só por fóra mentras comiamos.

 

3º Destino: Tate Modern e St. Paul´s Cathedral : cruzamos  a Tower Brigde, paseamos pola beira do Támesis, contemplamos o Shakespeare´s Globe Theatre  e visitamos a Tate Modern onde algúns privilexiados admiraron na 2ª planta obras de Dalí, Miró e Picasso. Tras cruzar a Milenium Bridge chegamos a  St.Paul´s Catedral e subimos os 521 chanzos  para alcanzar a Golden Gallery  dende onde hai as mellores vistas da City.

 

 

4º Destino:London Eye: logramos subir todos nunha soa cabina  e a 153m. de altura gozamos cunhas vistas espectaculares da cidade.

 

5º Destino:Picadilly Circus: a través de Whitehall  chegamos a Picadilly par facer as derradeiras compras.

 

SÁBADO, 29. Adeus.

 

1º Destino: British Museum e Mercado de Camden Town: as 10:00, puntualidade británica, entramos no British onde nos emocionamos coa leoa ferida, coa pedra Rosseta…  As 12:00 fomos,de novo, o mercado de Camden onde nos chamou a atención unha inmensa tenda futurista.

 

2º Destino: Hotel, Heathrow e Vilagarcía: as 14:00 horas recolleunos un autobús que nos trasladou ao aeroporto a través dalgunhas das rúas máis emblemáticas de Londres. As 17:10 embarcamos, ás 17:55 despegamos e as 19:55 chegamos ao aeroporto da Coruña  onde nos esperaba un autobús que nos devolvería ás nosas casas.



story | by Dr. Radut