Skip to Content

CONFERENCIA: AS VARIACIÓNS NAS LINGUAS

Versión para impresoraVersión para impresora

Onte tivemos a oportunidade de aprendermos algo máis sobre o funcionamento das linguas como instrumento de comunicación ligado intimamente ao seu uso en sociedade. Foi o profesor Xulio Sousa, membro do Departamento de Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto da Lingua Galega, quen nos achegou unha valiosa e anovadora perspectiva sobre a necesidade do cambio e da variación dentro das linguas para que estas cumpran adecuadamente a súa función de ferramenta de comunicación. Mentres que en gran parte da sociedade os cambios na norma son percividos como unha eiva, unha molestia, grazas á conferencia do noso convidado descubrimos que as únicas linguas que non mudan son as mortas, coma o latín. A partir de agora, cada vez que leamos no xornal ou escoitemos pola televisión que unha nova reforma foi levada a cabo no castelán ou no galego, saberemos que iso se debe a que gozan de moi boa saúde.

María Vilasó (14 de xaneiro de 2015)



story | by Dr. Radut