![](http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/content_type/campaign/2015/10/06/cd0497b319e8fed8e86787629919c3c4.png)
No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación.
Estratexia Galega de Convivencia Escolar. ![](/centros/iesmurallaromana/system/files/u2/images2/external.png)