Skip to Content

Biblioteca

Para hacer un menú desplegable.

Roteiro pola Feira do Libro de Lugo

Os "biblioaxudantes", isto é, o alumnado que axuda na biblioteca escolar, acudiu o 19 de maio á feira do Libro de Lugo.

Cunha desiderata na man, visitou os postos de venda das distintas librarías e anotou nela os libros que máis lle interesou.

Posteriormente, asistiu a unha actividade musical "A historia do rock 'n' roll", na que Jacobo de Lope reviviu a historia do rock 'n' roll de Elvis a Nirvana en tan só 45 minutos.

BiblioaxudantesBiblioaxudantes
BiblioaxudantesBiblioaxudantes

CHARLA CON LUCA CHAO

Feminismo en cen palabras, de Luca Chao, é moito máis que un simple glosario. Como moi ben nos explicou a propia autora o pasado venres, o seu libro é unha invitación a aprender máis sobre o feminismo e, sobre todo, a reflexionar sobre como podemos contribuir a que o noso mundo sexa máis xusto igualitario. 

Luca ChaoLuca Chao

SEMANA DO LIBRO

Do 21 ao 24 de abril festexamos a Semana do Libro no IES Muralla Romana. Aquí vos deixamos algunhas imaxes para compartir convosco o noso amor polo libros. 

Varios días adicámolos a divertirnos con dous xogos de temática literaria: Dixit Literatour. Os mellores xogadores recibiron agasallos de mans dunha figura moi sobresainte. 

Semana do libroSemana do libro

Tamén houbo tempo para compartir lecturas. Os lectores, alumnado e profesorado, escolleron textos significativos para eles; así, puidemos escoitar fermosos textos en francés, inglés, árabe, bérber, catalán, galego, castelán e incluso grego antigo. 

CompartindoCompartindo
CompartindoCompartindo

Co mesmo fin, algúns alumnos explicaron algúns dos libros que leron o presente curso dun xeito moi orixinal: por medio da técnica do "knolling" literario. As melloresfotografías tamén tiveron agasallos especiais.

Gañadores Knolling literario

A biblioteca transformouse tamén nun centro de "adopción de libros". Grazas ás doazóns de profesorado e alumnado, xuntamos unha morea de libros que nas mans dos compañeiros atoparon un novo fogar. 

Adopta u nlibroAdopta un libro

E como colofón, recibimos a visita do ilustre don Miguel de Cervantes, quen nos adicou unhas fermosas palabras e repartiu agasallos entre o alumnado. 

Gañadores Gañadores

Continuará...

LUZ Ó DEPORTE CON SARA ÁLVAREZ

Sara Álvarez, judoka campeona de España 14 veces, é un bo exemplo de superación. Ante as adversidades nunca se deixou vencer pero, polo que puidera pasar, sempre tiña tamén un plan “B”.

.Foto Sara Álvarez.Foto Sara
.Sara Álvarez con algunhas das ali¡umnas.Foto con alumnas

Samaín

28/10/2022 11:15

A Cabaza Falangueira andará a procura dos autores dos mellores contos e cabazas sobre as 10:30 da mañá.

Quen queira descubrir quen son os gañadores, poderá coñecelos no tempo de lecer na biblioteca.

TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

fotoO luns día 13 de decembro, a xornalista Sara Fernández Meijide comezou o taller sobre o manexo e funcionamento da radio escolar, "Radio Llama".

 

Máis información, no blog do club de lectura. 

Para ver o desenvolvemento do segundo taller de radio, só tedes que premer neste enlace.

TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

20/12/2021 16:00
20/12/2021 16:50

A xornalista Sara Fernández Meijide impartirá un taller sobre este medio de comunicación a compoñentes da radio escolar ("Radio Llama") para indicarlles o camiño a seguir e descubrirlles o funcionamento e as vantaxes desta canle comunicativa. 

DESTINATARIOS/AS: 

alumnado colaborador de  "Radio Llama"

HORARIO: 

Luns 13 de decembro de 16:00H -16:50H

Lugar: aula 05 

 

 

 

 

TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

13/12/2021 16:00
13/12/2021 17:50

A xornalista Sara Fernández Meijide impartirá un taller sobre este medio de comunicación a compoñentes da radio escolar ("Radio Llama") para indicarlles o camiño a seguir e descubrirlles o funcionamento e as vantaxes desta canle comunicativa. 

DESTINATARIOS/AS: 

alumnado colaborador de "Radio Llama"

HORARIO: 

Luns 13 de decembro de 16:00H -16:50H

Lugar: aula 05 

 

 

 

 

ENTREGA PREMIOS

21/12/2021 11:15
21/12/2021 11:40

ENTREGA DE PREMIOS para:

  • GAÑADORES/AS DAS FOTOS SELECCIONADAS PARA REALIZAR O CALENDARIO "O ANO DOS SENTIDOS".
  • CLASE COA MELLOR ÁRBORE DE NADAL
  • GRUPO QUE REALIZOU O MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN.

HORARIO: 11:15H - 11:40H

LUGAR: SALÓN DE ACTOS 

Grazas pola vosa participación e parabéns polo voso traballo. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut