Skip to Content

A nosa biblioteca

A nosa biblioteca

 

A nosa biblioteca dispón de 54 prazas de lectura e seis ordenadores. O fondo bibliográfico conta cuns 10.000 títulos en distintos formatos: libros, discos (CDs) e vídeos (VHS e DVD).

A sala de lectura está aberta a maior parte do horario lectivo. Nas horas de lecer, os alumnos/as poden utilizar os ordenadores para buscar información en Internet.

Sala de lectura

 

Para levar libros en empréstito cómpre contar co carné de estudante e no seu reverso o número de usuario da biblioteca

Aviso da biblioteca

AVISO DA BIBLIOTECA


Xa están dispoñibles en Secretaría os carnés de estudante para este curso. Para darse de alta como usuario da Biblioteca, o carné deberá ter fotografía e estar selado en Secretaría, con data de validez. Ademais, terá que ter no reverso o número de usuario con CÓDIGO DE BARRAS, que se solicita na Biblioteca, presentando o carné.

27 de setembro de 2013

 
Distribuir contido


by Dr. Radut