Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - CURSO 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

HORARIO APERTURA CENTRO
Horario mañás: Luns a venres: 8:45h-15:00H
Horario tardes: Luns, xoves, venres: 16:50- 22:45
                        Martes e mércores: 16:00h- 22:45

Horario de OFICINA para atención ao público:
Mañás: Luns a venres: 9:00h-14:00h
Tardes: Martes: 17:00 h -19:00 h 

Correo electrónico: email Oficina

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 2ºFP BÁSICA e de 2º CICLOS MEDIOS

Logo ComDixPublicadas instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que titula en FP no presente curso, na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Resumo da información do proceso de acreditación

Anexo I - solicitude de participación nas probas (entregar asinado o anexo que está na páxina 7,  antes do 22 de maio)

Competencias dixitais: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43050

I XOGOS POPULARES MURALLA-FOLE

O 29 de abril as alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Ánxel Fole e do noso IES Muralla Romana desfrutaron dunha xornada de xogos populares que se desenvolveu  con gran animación e deportividade. Os dezaseis equipos enfrontáronse en Chave, Bolos, Brilé e Corda, resultando gañadores Muralla1 (Pablo, Sebas, Piero, Abigail, Malak, Eric e Antonio) e Fole 8, que gañaron todos os seus partidos.

VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DE BELESAR

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de FP Básica-INFOFI tivo a oportunidade de participar nas visitas que ofrece o programa EduTecEmprende para o curso 23/24 da Xunta de Galicia, impulsado polos departamentos de Tecnoloxía e Economía. A visita realizada foi á central hidroeléctrica de Belesar, no corazón da Ribeira Sacra (Chantada). Os alumnos e alumnas tiveron a gran ocasión de coñecer as instalacións ó completo. A planta e o encoro son as máis grandes de Galicia. A obra de Belesar data dos anos 60 e consta de dous edificios, o primeiro deles considerado de interese cultural, representando a arquitectura de estilo contemporáneo, obra do arquitecto galego Castañón; e a segunda, xa no interior da presa, coñecida como a mini central, realizada a posteriori, para un maior aproveitamento enerxético. Sen dubida ningunha, unha gran oportunidade académica para o noso alumnado.

VISITA A PULL & BEAR

O  alumnado de 1º e 2º de BACH da rama de economía visitou as instalación da empresa PULL & BEAR, unha das marcas estrelas da compañía galega INDITEX. A visita tivo moi boa acollida entre o noso alumnado e puideron ver de primeira man todos os departamentos que nela podemos atopar, dende loxística a deseño, recursos humanos, produción, patronaxe...

OLIMPÍADA MATEMÁTICA

O Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración da edición número XXV da Olimpíada Matemática Galega. Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas.

Esta fase celebrouse simultaneamente nas sete cidades galegas, nela  participaron alumnos que cursan 2º da ESO do noso IES( Moraima Bagaría Vázquez, Malena e María Granero Vázquez, Martiño Casanova  Lamas, Estev e Eric Bedoya Neira), someténdose a unha proba individual que consistiu na resolución de cinco problemas.

COÑECENDO O LUGO ROMANO

O alumnado de 1º de FP Básica de Informática e de Peiteado desfrutou da visita do Museo Provincial e o Porta Miñá.

No Museo Provincial descubriron o mosaico, xoias da época romana e castrexa e o claustro do Mosteiro de San Francisco, onde se encontran monumentos funerarios  destinados a perruqueiros antigos. No Porta Miñá, tiveron a oportunidade de visitar unha cloaca romana e descubrir a historia de Lucus Augusti. Visionamos un documental sobre a estrutura da cidade e aprendemos  como eran os enterramentos, a artesanía e as formas de vida durante o Imperio.

FÚTBOL GAÉLICO

O xoves 25 de abril, os alumnos de 1º ESO, recibiron un curso de iniciación ó fútbol gaélico que rematou cun torneo no tempo de lecer. Na imaxe os equipos finalistas co monitor Pedro Val, do equipo Torques de Lugoslavia.

V Xornadas de Adiccións Sen Substancias

Cartel das XornadasINFORMACIÓN DIVULGATIVA

O equipo do programa +xTi informou ao centro da V edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’. Son unhas charlas dirixidas á mocidade, familias, educadores/as e poboación en xeral. Tratarán temas actuais, entre eles os problemas derivados das adiccións ás novas tecnoloxías.

Máis información 

Distribuir contido


by Dr. Radut