Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - CURSO 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

HORARIO APERTURA CENTRO
Horario mañás: Luns a venres: 8:45h-15:00H
Horario tardes: Luns, xoves, venres: 16:50- 22:45
                        Martes e mércores: 16:00h- 22:45

Horario de OFICINA para atención ao público:
Mañás: Luns a venres: 9:00h-14:00h
Tardes: Martes: 17:00 h -19:00 h 

Correo electrónico: email Oficina

AVENTURA EN INGLÉS POLA PONTENOVA

 

O 13 de maio  os ciclos de 1º XEAD, 1º ADMFIN, 1ª ASIDIR e XEAD (A) desfrutaron dunha actividade programada polo Departamento de inglés á Pontenova, con explicacións en inglés, que lles  permitiu coñecer  vocabulario específico relacionado coa visita. A mañá resultou moi proveitosa, contemplando a exuberante natureza da Pontenova e os tesouros agochados do seu pasado mineiro, explorando a mina Consuelo (única de Galicia aberta para ser visitada), e descubrindo os seus peculiares espécimes e formacións naturais, os fornos para fundir o mineral e, como non, a " tirolina" máis longa de Galicia .

CHARLA PARA FAMILIAS: Prevención de adiccións tecnolóxicas e comportamentais

CHARLA: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS TECNOLÓXICAS E COMPORTAMENTAIS

Dirixida a pais, nais, titores e titoras legais do alumnado da ESO.

Obxectivo: Informar e sensibilizar ás familias sobre o papel educador de cara á prevención de adiccións tecnolóxicas.

  • Lugar: Salón de Actos (IES Muralla Romana)
  • Día: Mércores, 22 de maio de 2024
  • Hora: 19:00 h

Ofrecida a través do programa +XTI (Concello de Lugo)

CORRELINGUA 24: "Dende aquí até acolá, galego xa!"

O mércores 8 de maio os grupos de 2º ESO do noso instituto desprazámonos á Praza de Santa María, punto de saída e meta do Correlingua. Os preparativos comezaron dúas semanas antes. Na clase de ,con Maite, pegamos as letras en vinilo e nos recreos traballamos arreo para decorala.

Percorremos a Muralla reclamando mil primaveras máis para a nosa lingua xunto con outros centros da provincia. Mely e Aitana de 2º ESO C leron parte do manifesto que axudamos a redactar nun obradoiro coa escritora Ana Carreira durante a primeira avaliación e Rosario e Noa foron as encargadas de recoller o noso diploma de participación da man das autoridades.

* Ligazón á galería fotográfica de "El progreso"

DEMOSTRACIÓN DE VACUMTERAPIA

Alumnas de 1º ESIMBE (Imaxe persoal) e do curso AFD, asistiron  a unha demostración de vacumterapia, tratamento mecánico indicado para tratamentos de celulite, obesidade e reafirmación, impartido por unha especialista, formadora nacional e internacional da marca Germaine de Capuccini.

XORNADA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Cartel das Xornadas

Esta xornada de orientación profesional  organizada polo Departametno de FOL e as Familias profesionais do IES Muralla Romana, ten como obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais do IES Muralla Romana, compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos ( ESO e Bacharelato).

■ Fomentar a interacción dos distintos niveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana.

- Que instalacións hai, como son esas instalacións e onde se atopan.
- Que se estuda en cada unha das familias profesionais.
- Como se traballa.

■  Fomentar o traballo interdisciplinar.

Familia Administración e xestiónFamilia Imaxe persoalFamilia Informática e comunicacións

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2023-2024

Información Probas LibresPublicado o calendario e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2023-2024

Instrucións 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2024 ata as 13:00 h.

PRAZOS DE MATRÍCULA
Matriculación: 14 ao 21 de maio ata as 13.00 h
Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio ata as 13.00 h

 A XORNADA DE ACOLLEMENTO ( pendente de concretar o día e a hora da xornada), no salón de actos. Aquelas persoas matriculadas, que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento, ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional, causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.




PROGRAMACIÓNS
Probas Libres
CALENDARIO
EXAMES
Pendente publicación
ENTREGA
de NOTAS
Pendente publicación

 

Toda a información sobre as probas libres (LOE) 

Máis información sobre probas libres 

ENREDANDO CO GALEGO

O martes 7 de maio tivo lugar no noso salón de actos a presentación da iniciativa Enredando co Galego. Nesta edición, contamos coa visita de Samuel Merino e SIlvia Abril, poetas cos que desfrutamos dun recital.

Estudantes de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e Bacharelato crearán textos ou contido dixital en galego, durante 21 días, que se enviarán á  Escola de Escritoras e Escritores da AELG. Ademais, tamén se poden compartir nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego. e aparecerán na páxina web da AELG. En xuño asistiremos, co noso alumnado participante, a unha gala final no Gustavo Freire con entrega de premios para os mellores textos e un concerto moi especial.

FP INNOVA GALICIA 2024

O alumnado de 1º SIMIRE (Informática) e 1º PECOCA(Imaxe persoal) asistiron o 26 de abril á zona expositiva  da FP Innova Galicia 2024 (Cidade da cultura en Santiago de Compostela). Un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa. O alumnado puido experimentar, en primeira persoa, coas novas tecnoloxías, participando nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

Distribuir contido


by Dr. Radut