O pasado 15 de maio, celebrouse por primeira vez no IES Muralla Romana,unha Xornada de Orientación Profesional co lema “Embárcate na FP. Diríxete ao teu soño".
Esta xornada tiña entre os seus obxectivos:
■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos (ESO e 1ªBacharelato).
■ Fomentar a interacción dos distintos niveveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana e mesmo que o propio alumnado das familias profesionais coñeza o labor doutros compañeiros/as cos que comparten instalacións.
■ Fomentar o traballo interdisciplinar, de xeito que o alumnado se dera conta do papel que cada materia das que reciben docencia ten na vida profesional e tamén facendo posible que prosesorado de diferentes áreas de coñecemento se coordinara para acadar este obxectivo común.
A experiencia resultou moi enriquecedora e satisfactoria. O alumnado mostrouse moi motivado no desenvolvemento previo e tamén durante a realización do propio día da xornada. Asemade, a implicación do profesorado que participou confeccionando e dirixindo os diferentes obradoiros que se plantexaron para mostrar a realidade da formación profesional do IES Muralla Romana fixeron posible que a Xornada acadara os obxectivos antes citados.
Parabéns a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo e dedicación.