Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - CURSO 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

HORARIO APERTURA CENTRO
Horario mañás: Luns a venres: 8:45h-15:00H
Horario tardes: Luns, xoves, venres: 16:50- 22:45
                        Martes e mércores: 16:00h- 22:45

Horario de OFICINA para atención ao público:
Mañás: Luns a venres: 9:00h-14:00h
Tardes: Martes: 17:00 h -19:00 h 

Correo electrónico: email Oficina

PERCORRENDO O CAMIÑO FRANCÉS

Hoxe, 18 de xuño, o alumnado de francés do IES Muralla Romana e o alumnado francés da escola Notre Dame d'Elbeuf de Normandía (Francia), quedou para facer un tramo do camiño francés, partindo de Sarria.

Malia as condicións meteorolóxicas, os rapaces percorreron a parte máis bonita do camiño con bo ritmo e moi bo ánimo. Finalmente, chegaron a Portomarín onde  visitaron a vila e recuperaron forzas.  Os rapaces franceses quedaron abraiados pola paisaxe e historia da vila, xa que lembra o que pasou na Bretaña francesa (na cidade de Guerledan). Retomaremos o camiño para o vindeiro curso.

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

LOGOS - Plan de Recuperación

AULA DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Documento informativo - CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL, en pdfCaracterísticas

  • Formación gratuíta, non regrada, de 30 horas de duración.
  • Haberá distintas datas de comezo durante o ano.
  • Entregarase certificado de asistencia e aproveitamento.

Organización do curso

Horarios:

  • Comezando o 6 de maio
    • Luns, mércores e venres de 10:00 a 12:00
    • Martes, mércores e venres de 17:00 a 19:00
    • Luns, mércores e xoves de 17:00 a 19:00
  • Comezando o 2 de setembro - Nivel básico
    • Horario de tardes 3 días á semana

Inscrición

Entregar a solicitude de inscrición cuberta na oficina do IES Muralla Romana. Para máis información chamar ao teléfono 982 82 80 81

Requisitos

Pode acceder calquera persoa que non estea cursando estudos dentro do sistema educativo.

Aprenderás

  • Aprenderás a usar ordenadores, tablets, móbiles e máis.
  • Organizarás os teus arquivos e aprenderás a actualizar as túas aplicacións.
  • Descubrirás como facer compras online de forma segura e como buscar información en Internet.
  • Crearás documentos e presentacións en Google Docs e traballarás en equipo na nube.
  • Dominarás o correo electrónico e poderás facer videoconferencias, enviar mensaxes por WhatsApp e outras redes sociais.
  • Descubrirás como acceder a servizos como bancos (banca electrónica, bizum, tarxetas virtuais) e trámites en liña (Xunta, DXT, Sergas, Catastro, SEPE, etc.)

Solicitude de inscrición
Máis información 

GALA "ENREDANDO CO GALEGO"

O mércores 12 de xuño desfrutamos da gala final da iniciativa "Enredando co galego”. En primeiro lugar, Grande Amore animou o público asistente. A segunda parte da gala consistiu nun sorteo de 2 lotes de libros e unha tableta por instituto. No noso caso, foron afortunados/as Yago de 2ºA, Narges de 3ºB e Sofía de 2ºB.

Por último,o xurado destacou a variedade de traballos presentados: relato breve, podcast, conto, poemas, vídeos, composicións plásticas...que se publicaron nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego ou na páxina web da AELG. O terceiro premio foi para Celia Rodríguez de 1º BAC, o segundo para Sara Pico de 1º BAC e o gañador foi Eric de 2º ESO B polo relato "Ola, son Pedro". Ademais, o xurado destacou os textos de Martín Vila "Cantiga de amigo", os poemas de Yasmin  e o podcast recomendando unha lectura de Violeta, tres estudantes de 4ºESO.

Parabéns polo voso compromiso e pola vosa creatividade!

2º POSTO CONCURSO NACIONAL PROGRAMA-ME

Os alumnos Marcos Montaña, Adrián Valdés e Aaron Yáñez, do ciclo superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma acadaron un magnífico segundo posto no concurso de programación competitiva Programa-me (https://programame.com/) celebrado en Madrid o pasado 7 de xuño.

Participaron un total de 188 equipos de 79 centros distintos de toda España polo que o segundo posto é moi meritorio. Tamén foron o primeiro equipo en resolver un problema na fase final.

Na entrega de premios e diplomas, Marcos Montaña tamén recibiu o premio e o recoñecemento de todos os asistentes por ser o gañador do concurso nacional “Las 12 uvas” celebrado o pasado 31 de decembro na categoría de alumnos de segundo curso de ciclos formativos.

GAME JAM MURALLA 24

RESUMO DA XORNADA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL NO IES MURALLA ROMANA

Cartel das XornadasO pasado 15 de maio, celebrouse por primeira vez no IES Muralla Romana,unha Xornada de Orientación Profesional co lema “Embárcate na FP. Diríxete ao teu soño".

Esta xornada tiña entre os seus obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos (ESO e 1ªBacharelato).
■ Fomentar a interacción dos distintos niveveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana e mesmo que o propio alumnado das familias profesionais coñeza o labor doutros compañeiros/as cos que comparten instalacións.
■ Fomentar o traballo interdisciplinar, de xeito que o alumnado se dera conta do papel que cada materia das que reciben docencia ten na vida profesional e tamén facendo posible que prosesorado de diferentes áreas de coñecemento se coordinara para acadar este obxectivo común.

A experiencia resultou moi enriquecedora e satisfactoria. O alumnado mostrouse moi motivado no desenvolvemento previo e tamén durante a realización do propio día da xornada. Asemade, a implicación do profesorado que participou confeccionando e dirixindo os diferentes obradoiros que se plantexaron para mostrar a realidade da formación profesional do IES Muralla Romana fixeron posible que a Xornada acadara os obxectivos antes citados.

Parabéns a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo e dedicación.

 

"ESCAPE GAME" EN FRANCÉS

O día 3 de maio o alumnado de francés de 3°ESO participou nun "jeu d'évasion" (escape game) en francés, na biblioteca do noso centro escolar. Un avatar creado por unha IA foi o punto de inicio do xogo.Tiveron 2 horas para resolver, de xeito colaborativo, crebacabezas de moitas clases. Atoparon unha morea de elementos coma falsos libros, lámpadas de luz ultravioleta, lupas vermellas, cadeados con segredos ocultos, mensaxes codificadas, códigos policromáticos, etc. E por suposto, tiveron que resolver enigmas en francés. Para rematar o reto, lograron abrir unha maleta de dobre fechadura no tempo acordado e recuperaron o premio! Dende logo, a lingua francesa abre moitas portas!

VISITA DO IES NOTRE DAME D´ELBEUF( NORMANDIE)

O día 31 de maio, o alumnado de francés de 3°ESO, 4°ESO e 1° BACH acolleu con moita emoción os rapaces franceses do IES Notre Dame d'Elbeuf (Normandie), que acaban de chegar a Lugo para facer prácticas en empresas. O noso alumnado encargouse da visita guiada, en francés, dos puntos máis salientables da cidade. Gozamos do paseo nun día solleiro e compartimos experiencias. Foi, sen dúbida, o comezo dunha enriquecedora relación intercentros.

Distribuir contido


by Dr. Radut