Skip to Content

NAVEGA CON RUMBO

Charla Navega con Rumbo

O mércores día 24 de abril, o alumnado de 1º da ESO asistiu á charla NAVEGA CON RUMBO. Impartida por Alberto Luengo, do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). O obxectivo desta interesante  charla foi orientar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos derivados do uso da tecnoloxía. 

Máis información: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

SEMANA DO LIBRO-LECER CICA

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O día 17 de abril, Paula Fernández (Bióloga ambiental da UNED de Lugo) e Ana Traseira (directora da UNED de Lugo) levaron a cabo unha exposición sobre a crise climática, dirixida ó alumnado de 4º ESO e 1º BACH. Nela destacaron, en primeiro lugar, a relevancia da UNED e, en particular, a súa participación en proxectos ambientais.

Xa na segunda parte da conferencia relataron os diversos retos ambientais ós que nos enfrontamos como sociedade. Falaron sobre os combustibles fósiles, o CO2 e o aumento da temperatura no planeta (o cambio climático), así como as consecuencias que este cambio climático pode chegar a xerar, para finalizar informaron sobre algunhas das medidas que, individualmente ou a través de colectivos, se poden tomar para minimizar as consecuencias do impacto medioambiental.

MELLOR ORADOR/A DO PARLAMENTO XOVE´24

Despois da alegría que levamos coa clasificación dos nosos equipos en cadansúa categoría do Parlamento Xove 2024, aínda temos outra grande noticia. En cada edición deste torneo de debate, a proposta dos xuíces, a organización recoñece os mellores oradores e oradoras da competición nas diferentes categorías. Neste caso, o noso centro é o único que conta con representantes entre os escollidos nas  dúas categorías preuniversitarias: David Pereira Santín (4ª da ESO), e Laura García Castro (1º de BAC), forman parte dos considerados mellores oradores e oradoras desta edición do Parlamento Xove.

Parabéns aos dous por ter merecido tan destacado recoñecemento!!

*http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove

*Máis imaxes

COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE E DESEÑO DE LUGO

O alumnado de Ciclo Medio de Estética e Ciclo Superior de Asesoría levaron a cabo unha sesión de colaboración coa Escola Superior de Arte e Deseño de Lugo. Desprazáronse ata a Escola de Arte para exercer de modelos, maquilladores e asesores estéticos e de vestiario co obxecto de interactuar co alumnado da Escola a cambio destas exitosas imaxes.
A sesión e as imaxes tomadas polos alumnos e alumnas de 2ª curso de Fotografía, amosan o traballo de preparación realizado durante varias semanas polo noso alumnado que resulta neste interesante traballo, formativo, enriquecedor, ameno e distendido que transporta ao alumnado a entornos reais de traballo e ás actividades propias da formación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/displayimage.php?album=74&pid=2357#top_display_media

CONCURSO FASE REXIONAL PROGRAMAME

Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés foron os integrantes do equipo Final Short Celtas do IES Muralla Romana, que acaban de conseguir o primeiro posto na fase rexional do torneo ProgramaMe, campionato a nivel nacional, tras resolver todos os algoritmos en 45 minutos menos do tempo dispoñible. A principios de xuño mediranse cos 20 mellores equipos de toda España.

Foron seis equipos de tres integrantes cada un, coordinados polo profesor Alberto Barreira (catro de DAM e dous de DAM dual). Destacar tamén que o  equipo de 1º DAM ordinario formado por Brais López, Arturo López e Guillermo García, logrou un meritorio posto, para o que o traballo en equipo foi decisivo.

Parabéns moi merecidos a todos!!

 

  *https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/programadores-lugo-arrasan-pruebas-final-madrid/202404101249511746246.html

CALENDARIO EXAMES PENDENTES ESO E BACH

EXCURSIÓN 4º ESO-1º BACH: TARRAGONA-BARCELONA-PIRENEO

O alumnado de 4º de ESO e 1º BACH acaba de regresar dunha inesquecible e aventureira excursión: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=lastup&cat=16

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

LOGOS - Plan de Recuperación

AULA DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Documento informativo - CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL, en pdfCaracterísticas

  • Formación gratuíta, non regrada, de 30 horas de duración.
  • Haberá distintas datas de comezo durante o ano.
  • Entregarase certificado de asistencia e aproveitamento.

Organización do curso

Horarios:

  • Comezando o 6 de maio
    • Luns, mércores e venres de 10:00 a 12:00
    • Martes, mércores e venres de 17:00 a 19:00
    • Luns, mércores e xoves de 17:00 a 19:00    COMPLETO
  • Proximamente abrirase un novo grupo

Inscrición

Entregar a solicitude de inscrición cuberta na oficina do IES Muralla Romana. Para máis información chamar ao teléfono 982 82 80 81

Requisitos

Pode acceder calquera persoa que non estea cursando estudos dentro do sistema educativo.

Aprenderás

  • Aprenderás a usar ordenadores, tablets, móbiles e máis.
  • Organizarás os teus arquivos e aprenderás a actualizar as túas aplicacións.
  • Descubrirás como facer compras online de forma segura e como buscar información en Internet.
  • Crearás documentos e presentacións en Google Docs e traballarás en equipo na nube.
  • Dominarás o correo electrónico e poderás facer videoconferencias, enviar mensaxes por WhatsApp e outras redes sociais.
  • Descubrirás como acceder a servizos como bancos (banca electrónica, bizum, tarxetas virtuais) e trámites en liña (Xunta, DXT, Sergas, Catastro, SEPE, etc.)

Solicitude de inscrición
Máis información 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (CURSO 2023-2024)

Documento informativo - AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO, en pdfAVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Na Educación Secundaria Obrigatoria vai dirixida ao alumnado de 2º curso.

Realizarase durante os días 10 e 11 de abril de 2024.

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística.

Máis información 

Distribuir contido


by Dr. Radut