Skip to Content

LEMBRANDO A LUÍSA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 24

Comezamos a semana das Letras con actividades na Biblioteca. O luns realizamos a actividade "Deconstruíndo a Luísa Villalta", con recortes de versos da autora para crear novos poemas expostos na cortiza, ademais duns lapbook realizados por 2º ESO B. Ó día seguinte, no lecer, tivo lugar un Kahoot sobre a biografía da homenaxeada, que gañou o equipo de Walid, Malena e Moraima.

O 15 de maio, desfrutamos dun recital-concerto en homenaxe a Luísa Villalta, puidemos escoitar poemas da autora da man de alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, con música interpretada por Violeta Fraga Sal de 4º ESO B ó saxo e Carlos do ciclo DAM ó piano.Neste acto recitáronse partes das obras O oco da palabra, Música reservada, En concreto e Ruído.

Como peche, os presentadores reivindicaron a nosa lingua non só neste mes, senón os 365 días do ano.

GRADUACIÓN 2ºBACH

Un ano máis, o 15 de maio, alumnado e profesorado, reunímonos para o moi merecido acto de graduación de 2º BACH. Parabéns a tod@s e moita sorte!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=76

INTERCAMBIO CO IES DE CELANOVA (OURENSE)

Un ano máis o alumnado de 3° ESO visitou Celanova. Desta vez foi dunha forma moi especial: nun intercambio con estudantes dese mesmo curso do IES de Celanova.

En primeiro lugar, a través de intercambio de cartas e posteriormente, o día 15 de abril  xuntámonos polo centro de Lugo. Visitamos o Vello Cárcere, onde coñecemos todo o que aconteceu nesas paredes durante o Franquismo e o Centro de Artesanía e Deseño, que conta con exposicións sobre música medieval e olería tradicional galega.

O 6 de maio tocounos a nós viaxar ata a provincia de Ourense. Pasamos o día co alumnado do IES de Celanova, visitando lugares tan especiais como a Casa dos Poetas, casa natal de Curros Enriquez e o instituto, que forma parte do Mosterio de San Rosendo, e que conta cunha biblioteca histórica. No Mosteiro coñecemos o funcionamento do órgano grazas a Irma, a profesora de Música.

Como despedida,  recitamos en conxunto, con moito ímpeto, os poemas “Deitado frente ao mar” e “Poema nuclear” de Celso Emilio Ferreiro.

CHARLA INFORMÁTICA: "metodoloxía áxil Scrum"

O 13 de maio contamos coa presenza de Óscar Vidal de ElitSchool (Galsoft) que impartiu dúas charlas sobre a metodoloxía áxil Scrum ao alumnado dos ciclos superiores de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e web. Estas charlas  resultaron moi instrutivas xa que ademais de repasar os conceptos teóricos de Scrum, fixemos unha simulación do desenvolvemento dunha aplicación con dúas iteraccións de Scrum xogando con pezas de Lego. Finalizamos a sesión comentando como é o traballo no día a día nunha empresa de desenvolvemento de software.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 2ºFP BÁSICA e de 2º CICLOS MEDIOS

Logo ComDixPublicadas instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que titula en FP no presente curso, na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Resumo da información do proceso de acreditación

Anexo I - solicitude de participación nas probas (cubrir o anexo que está na páxina 7 deste pdf,  entregarase asinado na oficina antes do 22 de maio)

Competencias dixitais: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43050

AVENTURA EN INGLÉS POLA PONTENOVA

 

O 13 de maio  os ciclos de 1º XEAD, 1º ADMFIN, 1ª ASIDIR e XEAD (A) desfrutaron dunha actividade programada polo Departamento de inglés á Pontenova, con explicacións en inglés, que lles  permitiu coñecer  vocabulario específico relacionado coa visita. A mañá resultou moi proveitosa, contemplando a exuberante natureza da Pontenova e os tesouros agochados do seu pasado mineiro, explorando a mina Consuelo (única de Galicia aberta para ser visitada), e descubrindo os seus peculiares espécimes e formacións naturais, os fornos para fundir o mineral e, como non, a " tirolina" máis longa de Galicia .

CHARLA PARA FAMILIAS: Prevención de adiccións tecnolóxicas e comportamentais

CHARLA: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS TECNOLÓXICAS E COMPORTAMENTAIS

Dirixida a pais, nais, titores e titoras legais do alumnado da ESO.

Obxectivo: Informar e sensibilizar ás familias sobre o papel educador de cara á prevención de adiccións tecnolóxicas.

  • Lugar: Salón de Actos (IES Muralla Romana)
  • Día: Mércores, 22 de maio de 2024
  • Hora: 19:00 h

Ofrecida a través do programa +XTI (Concello de Lugo)

CORRELINGUA 24: "Dende aquí até acolá, galego xa!"

O mércores 8 de maio os grupos de 2º ESO do noso instituto desprazámonos á Praza de Santa María, punto de saída e meta do Correlingua. Os preparativos comezaron dúas semanas antes. Na clase de ,con Maite, pegamos as letras en vinilo e nos recreos traballamos arreo para decorala.

Percorremos a Muralla reclamando mil primaveras máis para a nosa lingua xunto con outros centros da provincia. Mely e Aitana de 2º ESO C leron parte do manifesto que axudamos a redactar nun obradoiro coa escritora Ana Carreira durante a primeira avaliación e Rosario e Noa foron as encargadas de recoller o noso diploma de participación da man das autoridades.

* Ligazón á galería fotográfica de "El progreso"

DEMOSTRACIÓN DE VACUMTERAPIA

Alumnas de 1º ESIMBE (Imaxe persoal) e do curso AFD, asistiron  a unha demostración de vacumterapia, tratamento mecánico indicado para tratamentos de celulite, obesidade e reafirmación, impartido por unha especialista, formadora nacional e internacional da marca Germaine de Capuccini.

XORNADA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Cartel das Xornadas

Esta xornada de orientación profesional  organizada polo Departametno de FOL e as Familias profesionais do IES Muralla Romana, ten como obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais do IES Muralla Romana, compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos ( ESO e Bacharelato).

■ Fomentar a interacción dos distintos niveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana.

- Que instalacións hai, como son esas instalacións e onde se atopan.
- Que se estuda en cada unha das familias profesionais.
- Como se traballa.

■  Fomentar o traballo interdisciplinar.

Familia Administración e xestiónFamilia Imaxe persoalFamilia Informática e comunicacións

 

Distribuir contido


by Dr. Radut