Skip to Content

INFORMACIÓN ACCESO E OFERTA EDUCATIVA DE TITULACIÓNS

Ofrecémosvos información actualizada sobre o acceso e oferta educativa de titulacións superiores relacionadas con Ciclos Superiores de Formación Profesional e Graos Universitarios. 

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música para o curso 2020/2021. 

No seguinte enlace tedes información sobre esste tema: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31199

Información da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña

Por mor da situación de alarma, este ano non se puideron facer visitas presenciais para presentarlle ao alumnado os proxectos formativos que ten a Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Aproveitando as novas tecnoloxías fixéronse unha infografía e un vídeo que esperamos sexan interesantes para vós. 

Están dispoñibles, pinchando aquí. 

Información sobre o Grao en Xeografía e Historia (Uvigo-Campus Ourense) mediante un vídeo de difusión adaptado ás novas circunstancias. Pódese ver na seguinte ligazón: 

https://tv.uvigo.es/video/5ecc5f6fcc5a5802bc0b1c35

Nos seguintes enlaces podedes consultar características de diversas titulacións que nos remiten a este departamento de orientación. 

- Información para alumnado de Formación Profesional

-Información para alumnado de ensinananzas postobrigatorias

Podedes consultar información sobre os novos Graos Universitarios nas seguintes ligazóns: 

Novas propostas de Graos na UDC:  

  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias - Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que se impartirá na Facultade de Economía e Empresa - Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica- Campus Ferrol

A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía - Campus A Coruña. 

Poden completar a información e visionar vídeos destas titulacións, na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/nova-oferta/

Poden ver toda a oferta académica de Graos e toda a vida Universitaria na seguinte ligazón:

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/index.html 

 

 

Esperamos que vos sexa de utilidade a información achegada. 

 



page | by Dr. Radut