Skip to Content

Información para futuros universitarios

 

No taboleiro de anuncios da planta baixa - sección bacharelato- podedes atopar documentación referida a bolsas para a realización de estudos universitarios, residencias e comedor.

 


 

U-RANKING

O proxecto U-Ranking é unha ferramenta que che orienta á hora de elixir a opción universitaria que máis che convén, en función das túas preferencias e intereses. En só tres pasos (que grao, onde e como) xera un ranking personalizado que inclúe información adicional, como as notas de corte, o prezo de créditos de primeira matrícula, os indicadores de cada universidade no ámbito da docencia e a investigación... dos máis de 2.500 graos universitarios de todas as universidades públicas españolas.

Esperamos que sexa do voso interese.

Podes completar a información obtida no departamento de orientación.

Dpto. de Orientación

 



page | by Dr. Radut