Skip to Content

Eventos

Venres Abril 22, 2022
Start: 22/04/2022 08:45
End: 22/04/2022 10:25

Coñecemos outras realidades. Achegámonos á diversidade funcional, dinámicas de empatía e historias de vida. 

A actividade será impartida por profesionais de ASPACE (Lugo): Lucía, traballadora social e Paula, terapeuta ocupacional. E volveremos contar coa presenza de Fernada Arrojo. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1ºINFOFI.

 

Martes Abril 26, 2022
Start: 26/04/2022 10:25
End: 26/04/2022 18:00

Raúl Ordóñez, responsable de SHERPA. Cultura dixital, impartirá unha charla sobre:  Riscos das redes sociais e  uso responsable destas, dirixida a: 

ALUMNADO DE 3ºESOA_B 

10:25h a 11:15h

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3ºESO

16:30h- 18:00h

LUGAR: SALÓN DE ACTOS 

 

 

 

Xoves Abril 28, 2022
Start: 28/04/2022 08:30
End: 28/04/2022 20:00

Dentro do programa EduTecEmprende 2021-2022, o alumnado de 4ºESOB visitará o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA, no que coñecerán o sector conserveiro, a historia e evolución deste  e as oportunidades e experimentación que brinda. 

Aproveitarán a viaxe para coñecer a Illa de San Simón. 

Saída do centro: 8:30h

Regreso estimado 20:00h

 

 

 

Start: 28/04/2022 08:45
End: 28/04/2022 14:29

O alumnado de 1ºDAM, animado polo seu profesor, participará no concurso de programación, ProgramaMe, organizado pola Facultad de Informática de la Universidad Complutense de Madrid.

Os participantes deberán resolver entre oito e doce problemas de programación, utilizando as linguaxes C, C++ o Java co obxectivo de traballar habilidades de programación básica, desenvolvemento de algoritmos e estruturas de datos. 

SORTE!!

 

 

Luns Maio 09, 2022
Start: 09/05/2022 09:30
End: 09/05/2022 14:30

O alumnado de 1ºESIMBE recibirá unha formación sobre as indicacións e protocolos do uso do equipo de radiofrecuencia de Capenergy medical. 

RELATORES: José Martínez Pérez e Encarnación Bernabé Pérez

HORARIO: 9:30h- 14:30h

LUGAR: taller 1

Xoves Maio 12, 2022
Start: 12/05/2022 11:40
End: 12/05/2022 13:20

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO C

Horario: 11:40h- 12:30h   E   12:30H- 13:20H

 

 

Xoves Maio 19, 2022
Start: 19/05/2022 19:30
End: 19/05/2022 20:30

Acto de graduación do alumnado de 2ºBAC: 

Día:  xoves 19 de maio

HORA: 19:30h

LUGAR: salón de actos do centro. 

As familias (máximo dous representantes) e profesorado están convidados a este acto que agardamos sexa unha fermosa lembranza para os/as protagonistas do evento. 

 

Venres Maio 20, 2022
Start: 20/05/2022 08:30
End: 20/05/2022 19:45

O alumnado de 1ºBAC e 4ºESO, que cursan economía, realizará unha visita ao Parlamento de Galicia.  Aproveitarán esta saída para visitar a fervenza do Toxa e o mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro. 

Saída do centro: 08:30h

Regreso ao centro: 19:30h

Organiza departamento de economía

Distribuir contido


by Dr. Radut