Skip to Content

Eventos

« Week of Xaneiro 10, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
10
11
Start: 11/01/2022 09:35
End: 11/01/2022 10:25

Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes. 

RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo.

CURSO: 3ºESOA

HORARIO: 9:35H- 10:25H. 

LUGAR: aula de referencia 

Esta actividade seguirá estritamente a normativa sanitaria actual, respectando a capacidade do espazo e todas as medidas de seguridade e hixiene. 

12
13
Start: 13/01/2022 09:20
End: 13/01/2022 13:30

SUSPENDIDA ACTIVIDADE

Dentro do programa "Ciencia para xoves investigadores" o alumnado de 4ºESO (que cursa Física e Química), acompañados polo alumnado de 1ºBAC de bioloxía, visitará as instalacións e laboratorios da Facultade de Ciencias de Lugo. 

ACTIVIDADES: 

Recepción polo equipo decanal. 

Visita ás instalacións da Facultade de Ciencias.

Visita aos laboratorios: o alumnado participará no desenvolvemento de diferentes tipos de experiencias relacionadas co coñecemento da rama de ciencias e enxeñaría. 

HORARIO: 

Saída do centro: 9:20h

Regreso ao centro: 13:30h

 

 

Start: 13/01/2022 09:35
End: 13/01/2022 10:25

A xornalista Sara Carreira (coordinadora do Programa prensa-escuela de La Voz de Galicia) impartirá un obradoiro ao alumnado de 4ºESOA. 

Horario: 9:35h- 10:25h 

 

14
15
16
Distribuir contido


by Dr. Radut