ENCONTRO COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O día 31 de xaneiro Ledicia Costas visitou o noso instituto e mantivo un coloquio co alumnado de 3º de ESO e do club de lectura. Os alumnos e alumnas puideron intercambiar impresións coa escritora sobre algúns dos seus libros, que leron recentemente. A autora asinou exemplares dos rapaces e rapazas e tamén asinou no libro de firmas do instituto.


A actividade foi organizada en colaboración polo departamento de lingua galega, o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización lingüística.