SAMAÍN 2017

   O alumnado de 1º ESO participou na celebración do Samaín expoñendo unhas postais que realizaron en Educación Plástica. Ademais, os/as alumnos/as de Investigación e Tratamento da Información elaboraron uns murais coa información que recolleron sobre esta celebración de orixe celta.


  Tamén se deron a coñecer os gañadores do Concurso de relatos de "terror na biblioteca". Despois da entrega dos premios, a gañadora leu o seu conto aos compañeiros.