Admisión e matrícula para o acceso a ciclos formativos - Curso 2012-2013

Información importante sobre o proceso de admisión e matrícula para o acceso a ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior polo rexime ordinario do curso 2012-2013.
Os prazos de presentación de solicitudes de admisión son os seguintes:

  a) O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous  incluídos.

  b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos

Nos seguintes enlaces podes descargar a seguinte información:

  1- Información elaborada polo departamento de orientación.

  2- Instrucións sobre o proceso de admisión e para cubrir o impreso de solicitude de admisión.

  3- Oferta educativa de ciclos formativos de grao medio e de ciclos formativos de grao superior para o curso 2012-2013. Podes consultar o código do centro no que se imparte o ciclo, o código do ciclo e o número de prazas para cada ciclo.

  4- Impresos de solicitude:

      - Impreso de admisión a ciclos formativos de grao medio (Anexo I)

      - Impreso de admisión a ciclos formativos de grao superior (Anexo II).

      - Impreso de solicitude de matrícula (Anexo VII).

      - Impreso de renuncia a adxudicación de praza de ciclos formativos (Anexo VIII)