Skip to Content

Movilidade en Eslovaquia

admin3

Durante a semana do 24 ata o 30 de Abril as alumnas Carla Rodriguez Bouza, Antía Ferreiro, Andrea Franco e Paula Candia de 3º da ESO, xunto co  profesor Celso Pérez e a profesora Cristina Lestegás estiveron realizando unha movilidade en Eslovaquia, dentro do Proxecto ERASMUS+ "Protect Earth. Save Life".

Durante o mesmo se levaron a cabo charlas e se fixeron grupos de traballo nos que o tema principal foi a necesidade de reducir o consumo excesivo de roupa, e a posibilidade de reutilización e reciclaxe da roupa usada.

Ademais a movilidade incluíu a visita a varios parques nacionais e cidades patrimonio da humanidade.

        



page | by Dr. Radut