Skip to Content

XI Campus de Verán XuvenCiencia

admin3

O campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.

O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o 5 de maio ata o 14 de maio.

 Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Programa



page | by Dr. Radut