Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Admin2

INFORMACIÓN SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS  MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-22

APERTURA DO PLAZO PARA A ADMISIÓN DE CANDIDATURAS

AO CONSELLO ESCOLAR (DO 4 AO 12 DE NOVEMBRO)

Cada dous anos renóvase parcialmente o CONSELLO ESCOLAR,  órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade educativa.

Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata o presente curso 2021, onde serán renovados 4 profesores/as, 2 pais/nais/titores legais, 2 alumnos/as e 1 persoal de Administración e Servizos.

O día 4 de novembro, ás 11:00h quedou constituída a Xunta Electoral que regulará o proceso das eleccións ao Consello Escolar 2021/22 para os sectores de :

  • Nais/Pais/Titores legais do alumnado
  • Alumnado
  • Profesorado
  • Persoal Administración e Servizos

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta Xunta Electoral procede á adopción dos seguintes acordos:

1) Aprobar e publicar os censos de electores no taboleiro de anuncios do centro.

2) Solicitar representante ao Concello.

3) Establecer o calendario das eleccións ao CONSELLO ESCOLAR.

A presentación de candidaturas poderase facer efectiva entre os días 4 e 12 de novembro de 2021, en horario de 9:00 a 14:00 horas, agás o derradeiro día que rematará ás 12:30 horas, na Oficina de Administración deste centro. Os impresos de candidatura estarán á súa disposición nesta oficina.

A proclamación provisional de candidaturas farase efectiva o mesmo 12 de novembro, ás 14:00 horas. Poderanse presentar reclamacións os días 15 e 16 de novembro, de 9:00 ás 14:00 horas.

 A Xunta Electoral procederá o día 17 de novembro a :

  • Proclamación e publicación de candidaturas por sectores de representación,
  • Aprobación definitiva de censos electorais,
  • Aprobación de modelo de papeletas para os distintos actos electorais e
  • Sorteo público para designar os membros das mesas electorais.

A constitución da mesa electoral e as eleccións ao Consello Escolar, mediante votación directa, secreta e non delegable, terán lugar os días e horas que se indican a continuación:

- Alumnado, o día 25 de novembro, de 10:00 ás 13:30 horas.

- Nais/pais/titores legais de alumnado, o día 25 de novembro, de 19:00 ás 21:00 horas.

 

Lémbrase que para poder votar deberase acreditar a súa identidade mediante presentación de DNI ou calquera outro documento acreditativo.

 

A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

 



page | by Dr. Radut