Skip to Content

O IES María Sarmiento gaña o premio provincial de Voz Natura e Naturacción 2018.

PREMIO VOZ NATURA - NATURACCIÓN 2017 -2018 PARA O NOSO CENTRO.

O noso instituto vén de recibir o Premio provincial de Voz Natura e Naturación  (participaron 350 centros educativos) polo Proxecto Colaborativo "Catalogación de fontes e lavadoiros do concello de Viveiro".

Este premio, no que participaron 350 centros educativos, concédeo o programa medioambiental de La Voz de Galicia e desenvólveno a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre con patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación d'A Coruña, a Fundación Alcoa, a Fundación Ramón Areces e El Corte Inglés.  

O proxecto "Fontes e lavadoiros", coordinado por Fran Basanta, implicou a diversos colectivos: alumnado, profesores de distintas áreas (historia, bioloxía, linguas, tecnoloxía, ...), ex-alumnos, ... e presentou como produto final un catálogo  das fontes e lavadoiros de uso público e semipúblico acompañado de fichas de estudo en distintos campos, (o elemento de “protección do patrimonio etnográfico” foi unha baza importante para acadar este premio)  así como unha APP de móbil para localización creada polos propios alumnos.

O proxecto ten previsto continuar o vindeiro curso ampliando a catalogación aos concellos limítrofes do Vicedo e de Ourol e continuar co perfeccionamento da APP xa que como di Basanta “é interesante como recuperación do medio ambiente, eliminación de especies invasoras, protección do patrimonio, da toponimia...”

Os nosos parabéns a todos os implicados e a todos os centros premiados e desde aquí desexar que os proxectos colaborativos sigan adiante no María Sarmiento porque son un estímulo para todo o alumnado, para facer cousas complementarias aos programas académicos.



page | by Dr. Radut